O 10 de Setembro celébrase na Galiza e no Mundo o Día Internacional do Software Ceibe, promovido por SoftwareFreedomDay.org, apoiado pola Free Software Foundation e varias outras organizazóns, e levado a cabo por milleiros de voluntarios en todo o planeta.
"Software Ceibe", ou "Software Libre", é un concepto amplo que no seu aspecto mais sinxelo se refire a programas de ordenador nos que o usuario ten as liberdades de:
Ademais, o Software Ceibe incorpora o conceito de "copyleft" ("copiceibe"), que esixe que calquera programa derivado dun programa ceibe sexa, á súa vez, tamén ceibe.
Anque o primeiro grande proxecto de Software Ceibe data do 1983, é dende o ano 2000 que ven tendo un auxe importante fronte a alternativas tradicionais ("privativas"). Programas coma o navegador Mozilla Firefox, o entorno de oficina OpenOffice ou o sistema operante GNU/Linux son exemplos.
En lugares dispares e numerosos de todo o mundo, governos, particulares, empresas, escolas e universidades están a descubrir que o Software Ceibe é unha alternativa sólida, fiable, económica e socialmente xusta. Como mostra están as experiencias da India, Alemaña, Francia, China ou, dun xeito moi salientable, o Brasil e Extremadura.
O Software Ceibe dá lugar a comunidades de usuarios e desenvolvedores, onde a interacción entre as persoas que usan os programas e as que as fan é contínua e enriquecedora. O modelo de creazón de novos programas basease na cooperazón e compartizón de coñecementos, e o modelo de uso na axuda e exploración mútuas das posibilidades do software.
Na Galiza existen varias destas comunidades, cada unha co seu estilo e o seu ámbito de acción. As mais coñecidas son: AGNIX (Galiza), GALPon (Pontevedra), GLUG (Galiza), GPUL (A Coruña), GULO (Ourense) e Inestable (Ordes). Calquera delas é un grupo aberto a respostar dúbidas, proporcionar axuda e desenvolver iniciativas relacionadas co Software Ceibe. Como órgano de coordenazón entre asociazóns (normalmente chamadas de xeito xenérico GUGLs -- Grupos de Usuarios de GNU/Linux) existe a LiGa.
Supoñemos que estarás a te preguntar quén diaños é o personaxe que aparece en todas estas pegatinas. Trátase de Richard M. Stallman, ideólogo e fundador da Free Software Foundation e do Proxecto GNU. Anque existen casos de Software Ceibe anteriores, e existen tamén ideoloxías diferentes á súa, é un personaxe siñificativo que sentou as bases do Software Ceibe tal e como o coñecemos.
Poñelo na situazón destes personaxes históricos é a nosa forma de rendirlle unha pequena homenaxe e, á vez, rírmonos un pouco. Porque o Software Ceibe é algo festivo e humano que trata, sobre todo, da felicidade das persoas.
Foron deseñadas pra seren pegatinas. Se che gustan, podes descarregar un documento PDF con todas elas. Podes levalo a que cho impriman en papel autocolante (ou facelo tí na casa), e empapelar o teu traballo/universidade/escola/vecindario con elas.
Ceibes.org será nun futuro próximo unha plataforma de novas, debate e creazón para o concepto mais amplo da Cultura Ceibe, que extende o modelo do Software a outros ámbitos da informazón (música, cinema, literatura, grafismo...). No entanto, nebargantes, serve como plataforma pra celebrarmos o Día Internacional do Software Ceibe.
Se queres manterte informado, ou tes dúbidas dalgún tipo, non dubides en te poñer en contacto connosco a traveso do enderezo de correo electrónico info [@] ceibes.org (sácalle os espazos e os corchetes).
Deixámosche aquí tamén unha lista de enlaces de interese: