|
| ¿ónde estou? |
| estás no espazo do gatonegro na rede, simultáneo escaparate para os meus traballos de deseño gráfico e plataforma de defensa da identidade galega, dos principios da esquerda, e do software ceibe. Aquí atoparás galerías de deseños, artigos e ponencias, datos de contacto, enlaces escolleitos, pantallazos de escritorio e o que se tercie.
|
|
|
|
|
|
|
|
Domingo, 22 Outubro 2006
Gatonegro.co.nr, ou Gatonegro2.0, quedou vella. Como sen dúbida moitos notariades, o sitio leva mais dun ano sen actualizar. O motor subxacente, o Mambo, é incómodo de usar, e non facilita o traballo.
Por estes, e por outros motivos, e tamén por facer unha renovación estética, migro a páxina: benvidos á era do Gatonegro 3.0. Gatonegro deseño 3.0 (GND3.0) hospédase en http://ceibes.org/gnd, dende os enderezos:
http://gnd.ceibes.org
http://gnd30.ceibes.org
http://gatonegro.ceibes.org
http://gatonegro30.ceibes.org
Vémonos aló! |
|
|
|
|
|
|
Martes, 06 Setembro 2005
¡Sí, compañeiros! ¡O Gato-Sinal volve a brilar no ceo de Compostelan City! ¡Gatonegro está de volta! ¡Tremede, cidadáns benpensantes! Ahem. Boeno, o asunto é que os exames e varios proxectos me tiveron durante todo o vrau ocupado, e actualiza-lo web foi a última das miñas prioridades. Pero fun acumulando unha morea de deseños, e xa vai sendo hora de expoñelos. Aínda que terei que os subir en varias tandas, porque senon é un peñazo. Velaí a primeira:
Os dous primeiros sonvos dous cartaces na liña impresionista/constructivista/1936ira que, como ben sabedes, tanto me gusta. O segundo é froito dun intercambio de experimentos e ideas con Jose Luís de la Torre.
Os dous seguintes son, respectivamente, unha ilustrazón para o borrador do manifesto dun grupo de debate marxista chamado We Want Socialism, e unha vectorizazón dunha foto que de min tomaron no metro de Buenos Aires. O gato, por suposto, é un invitado.
Logo veñen catro fondos de escritorio. O primeiro é unha parodia dos anuncios do iPod e ó mesmo tempo unha crítica á guerra do iRaq. Os dous seguintes están baseados en poemas musicados por Suso Vaamonde no álbume Sen rosmar un laído. O cuarto é unha especie de revoltallo inspirado en parte polos murais de Seoane en Bos Aires, polos estilos impresionista e constructivista soviéticos, e por un certo FrentePopularismo que, persoalmente, creo que é preciso recuperar. O resultado é... digamos que interesante.
E pra rematar, temos un logotipo que fixen para un proxecto de empresa biotecnolóxica.
E ídes que vos chutades. Na semana que ven (non nesta, porque marcho para Euzkadi) irei engadindo descripzóns, ligazóns, imaxes ampliadas, arquivos fonte, etc. E tamén tentarei subir outra tanda de deseños que andivesen por aí colgando. |
|
|
|
|
|
|
Martes, 28 Xuño 2005
Sí, 69 anos, dende aquél maldito 36, porque -- pra qué enganármonos -- Fraga (e a Alianza Popular que él fundou e refundou no Partido Popular) era herdeiro direto da ditadura feixista de Francisco Franco.
Pero non quero falar de Don Manuel (que en paz descanse, e en paz nos deixe), senón dunha experiencia que -- douvos a miña palabra -- é verídica como esta nosa vitoria, se ben sucedeu antes dela. Lede, por favor, o resto da historia. |
|
Lee mais...
|
|
|
Outra actualizazón masiva
|
|
|
|
|
|
Luns, 20 Xuño 2005

Pois sí, outra actualizazón masiva. Xa fora subindo o material nas semanas pasadas, pero nunca ate o de hoxe tivera un intre para poñe-la nova na páxina principal. Dos deseños que vedes enriba:
Os dous primeiros sonvos deseños de cartaces que fixen para o Concerto pola Língoa que o Foro da Mocidade de Compostela organizaba este ano.
O terceiro é o cartaz para o Acampamento da Asociación Cultural e Xuvenil Itaca deste ano. É un cartaz do que estou moi contento, porque me permitiu retomar a idea do segundo cartaz que fixera para Itaca, e que non se puidera imprimir en cor por asunto de cartos. Ademais, penso que quedou bastante bonito.
Os cuarto, quinto e sexto sonvos debuxos de personaxes para xogos de rol. O quinto é un personaxe meu no xogo Mago, e o cuarto e sexto son deseños para as personaxes de dúas amigas. Por certo, que nesta mesma sección de "debuxos" veredes dous marcados coma novos, que en realidade non o son. Trasnos que andan polo sistema.
O sétimo é un fondo de pantalla, inspirado en parte por O señor da noite contraataca, de Frank Miller, e O Muro, de Pink Floyd. Sí, xa sei que non ten nada que ver con nengún dos dous, pero é que as musas beben de fontes estranas.
O oitavo é un logotipo con unha historia moi longa e complexa detrás, que algún día contarei. Quedou bastante chulo.
O noveno é un deseño para a tarxeta de presentazón do meu amigo Xavi, que é tesoureiro do GLUG e está en Puerto Rico tentando busca-la vida e predica-lo Software Ceibe.
O décimo é algo raro de veras. Trátase da etiqueta para un hipotético refresco: No lecer e na Revolución, sempre Lenin Limón! -- o único refresco marxista a base de vodka altamente inflamable. A idea pra facela ocorréuseme dunha referencia que atopei na rede. Pero botádelle un ollo ó texto e á imaxe en grande, porque penso que é simpática dabondo.
E xa rematando, o décimo primeiro é o redeseño do web da CiberIrmandade da Fala. Non foi moco de pavo facela, pero quedou -- modestia aparte -- moi chula. E ademais, cumple os estándares do W3C.
Boeno, e xa chegou, ¿nonsí? Notaredes que, coma na anterior, tampouco bastantes dos deseños subidos están comentados. Évos o que hai. Vou ter que buscar a alguén que me faga este choio... Bon, así alomenos xenero emprego.
Estou a considerar migrar ó Drupal, que seica é mais potente que o Mambo, e sobre todo, cumple mellor os estándares de accesibilidade, HTML, CSS, etc. A ver se me poño e o fago este vrau. |
|
|
|
|
|
|
| Frase Lapidaria |
| Os que reivindicamos GNU/Linux como nome lexítimo non o facemos pola porcentaxe que o proxecto GNU forme do sistema operativo, senón porque é a semente, o elemento primordial que fixo a todo o Software Libre posible. |
|
| Estatísticas |
OS: Linux h PHP: 5.2.9 MySQL: 4.0.27-log Hora: 00:43 Membros: 2 Accesos: 255250 Novas: 21 Enlaces: 47 |
|
|