Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Asociación de Comerciantes de Bertamiráns

Pantallazo

Frase lapidaria

Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

— Confucio

Benvida! Benvido!
Estás no espazo do gatonegro na rede, simultáneo escaparate para os meus traballos de deseño gráfico e plataforma de defensa da identidade galega, dos principios da esquerda, e do software ceibe. Eiquí has atopar galerías de deseños, entradas de blogue, artigos e ponencias, datos de contacto, enlaces escolleitos, pantallazos de escritorio e o que se tercie. [English?]

Signals of life

Escribo, principalmente, porque fai xa ben tempo que non dou sinais de vida na páxina web, e pensei aquilo de "unha vez ó ano non fai dano".

Non é por falla de contidos que actualizar --- de feito a masa de cousas que teño pendentes de subir pode ser un dos motivos polos que me de tanta preguiza subilos. Non, mais ben é porque dun tempo para aquí estou moi liado co choio (o que supoño que é boa sinal).

E isto liga ca inactividade da páxina de dous xeitos: non actualizo porque non teño tempo, pero tamén porque dunha tempada para aquí veño dándolle voltas a refacer esta paxina web. O meu traballo esixe, entre outras cousas, un cartafol de presentación (un "portfolio", ou un "dossier", ou como queirades) algo mais ordenado e mellor escollido que a galería de imaxes que fun subindo equí, e tamén unha presentación da páxina mais sinxela. Ademais, penso que vai sendo hora de comezar a separar o ámbito do persoal do profesional.

403 Day

| | | |

403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.

Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:

  • Existen unhas lingoaxes e tecnoloxías estándar na rede que serven pra indicar cómo se forman as páxinas web.
  • Son unhas lingoaxes (CSS, (X)HTML) e tecnoloxías (PNG) neutrais, publicadas na sua integridade pra que todo o mundo as poida empregar de balde. Ven sendo unha gramática común pra que nos poidamos entender.
  • A maioría dos navegadores (Firefox, Safari, Opera...) entenden aceptablemente ben estas lingoaxes.
  • Per o Internet Explorer aproveita a sua situación de dominancia (situación na que está non por excelencia técnica, senón por avatares económicos)pra evitar cumplir estes estándares.
  • Deste xeito, desenvolver páxinas web leva moito mais tempo do que debería, non é doado, e non está ó alcance de todos. Os deseñadores pasamos moito mais tempo depurando os erros do Internet Explorer que os de calquera outro navegador.

O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.

Mais información: 403day.org.

Conectarse a internet co Toshiba TS705 dende GNU/Linux

| |

Veño de mercar un teléfono móbil --- por certo, o meu teléfono móbil, porque cansei de agardar a que algo baseado en OpenMoko (coma o Neo1970) ou en Google Android se fixese público dunha vez. Así que collín un teléfono de gama o mais baixa posible, pero estou bastante contento co resultado --- é un Toshiba TS705 que cumple sobradamente as expectativas que del tiña.

E se ben a funcionalidade principal que necesito do teléfono é facer e recibir chamadas (requerimento profesional) outra desas expectativas é navegar por internés. Collín o móbil con Yoigo, entre outras cousas porque cobran 1.2 euros/día de tarifa plana de internet, o que é mais barato que, digamos, o módem USB de Vodafone (e iso supoñendo que empregues a internés tódolos días).

Dia nacional de "il Gatonegro"!

|

Un gatonegro. Pois iso, que estou de celebración! Semella que aparte de horribles cancións, os italianos tamén teñen boas ideas de cando en vez.

Agora gustaríame que aquí se copiase a iniciativa. Eu ofrézome a dar discursos e soltar soflamas, que sabedes que me gusta.
Acéptanse mimos e agasallos, no entanto. A ver se cae algo! ;o)

Por qué OSX non é tan guai coma se cree

| |

Esta tarde estiven, pra eterna condenación da miña alma de linuxeiro, instalando un OSX "Tiger" nun ordenador de Sora.

O gracioso do asunto é que o ordenador en cuestión non foi fabricado por Apple (compañía que, por outra banda, é moito mais privativa e moito mais malvada que Microsoft, pero iso ha ser obxecto doutro artigo), senón que é un Asus vulgar como a vida mesma.

Goodbye, Sputnik!

|

Hai quen dí que os nomes fan ás persoas. Se cadra é verdade, anque confeso que eu sempre fun moito mais da opinión de que os nomes con frecuencia se escollen pra que reflexen intencionalidade --- no caso das persoas, cómo van ser educadas, e no caso de proxectos e cousas, cál é a intención.

Sputnik significa "compañeiro de viaxe" en ruso. O simbolismo é evidente --- e aproveito aquí pra chamar a atención do leitor sobor dos nomes da cosmonáutica soviética comparada ca occidental: Mir significa á vez "Mundo", "Paz" e "Comunidade"; Soyuz significa "unión"; Vosjod é "Mencer"; Salyut, saúdo... ---, e precisamente polo significado do mesmo (aparte do fetichismo persoal dun servidor) é que eu escollín darlle ese nome ó meu portátil.

TKK Красный Октябрь

|
TKK Красный Октябрь

Uniforme para a Тарсис Kосмический Kорабль "Красный Октябрь" ("Outubro Roxo", Cosmonave do Pacto de Tarsis). Pronto poderedes ver fotografías das camisolas en acción durante as xornadas Tierra de Nadie 2007.

Na espalda leva o emblema da Forza Espacial da Organización do Pacto de Tarsis (OTD, polo nome en ruso: Organizashnii Tarsiskogo Dogobora), un mapa estelar representando os planetas membros do Pacto superimposto ca fouce, o martelo e a estrela. Sobre as ás pódese ler o nome da nave. O frontal leva unha bandeira roxa superimposta co perfil da nave. Enriba disto, novamente o nome da nave, e embaixo, o nome e cargo do tripulante. Sobre o brazo dereito, a bandeira roxa novamente co emblema da OTD e o nome da nave.

Currículo

Veño de actualizar o meu Curriculum Vitae (currículo para os amigos). Entre outras cousas, cambiei o formato (paseino a LaTeX, e a diferencia en canto a presentación é enorme) e engadín algunhas das cousas que fixen no último ano.

Paréceme que é interesante subilo eiquí porque, bon, nunca se sabe quen o pode ler. Así que subo tamén versións en inglés e en castelán, que xa postos a face-lo traballo, facelo completo. Tamén aproveito pra engadi-lo código fonte en LaTeX, por se a alguén lle é útil pra face-lo seu.

(Marxinalmente, acho simpático cómo o mesmo currículo traducido ó inglés soa moito mais impresionante.)

Inkscape Starter Kit

|

Veño de recibir na casa o Inkscape Starter Kit, un libro publicado por Pearson Education France (ISBN: 978-2-7440-2158-9), escrito por Elisa de Castro Guerra, no que aparecen un par de ilustracións miñas.

Elisa (a quen non coñecía de nada por aquel entón) escribiume fai xa bastantes meses pedíndome permiso pra empregar algunhas das miñas imaxes, que atopara neste web e lle gustaran, nun libro sobre inkscape que estaba a escreber. Por suposto, díxenlle que sí (namentres se cumplise a licenza, etc). E esquencín o tema.

Propagaliza

Propagaliza

«Propagaliza, unha tipografía para a propaganda galega.»

[ Incorpora maiúsculas e minúsculas, acentos (agudos) para as minúsculas, números e símbolos tipográficos, eñe e cedilla. Futuras versións (talvez) incorporarán acentos graves, nasais, acentos para as maiúsculas, e talvez algo mais. ]

"Propaganda", segundo o diccionario da RAG:

propaganda s.f. 1. Actividade organizada para difundi-las calidades, propiedades ou o valor de alguén, dunhas ideas ou dun producto comercial. Faille moita propaganda ó seu partido. 2. Material ou medio (anuncios, carteis, etc.) utilizado para ese fin. No descanso da película, botaron propaganda. Durante as eleccións, repartiron propaganda polas casas. u SIN. publicidade.CF. reclamo.

deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala