O neno libre da culpa que xenera a propiedade, e da carga que é a competitividade económica, crecerá ca vontade de facer o traballo necesario, e de disfrutar con elo. É o traballo inútil o que escurece o corazón.
Condicións baixo as que pode ser usado a maioría do material que eiquí se atopa. There is also an english version available.
A grandes rasgos, falamos da licenza Atribución-CompartirIgoal da Creative Commons. Pero lete este documento para aclarar algúns detalles.
Por suposto, para calquera dúbida que teñas (incluído o uso baixo doutras licencias) pódeste poñer en contacto comigo.
O material deste sitio (imaxes, textos, código en calquera forma, etc.) é da autoría de Denís Fernández Cabrera (Gatonegro), salvo onde se indica o contrario.
Excepcións notables a este punto son:
Por se-lo autor do mentado material, as leises internacionais (o tratado de Berne) -- e, mais concretamente, as españolas -- de propiedade intelectual danme liberdade para impoñer condicións no uso que outras persoas poden facer del.
Exercendo ese dereito, libero o material deste sitio baixo da licencia Atribución-CompartirIgoal da Creative Commons. Recoméndase a lectura do texto legal completo do enlace anterior. Non embargante, velaiquí un resumo en lingoaxe humana (non avogada):
És libre pra:
Cas seguintes condicións:
Por suposto, nengunha destas condicións limita os teus dereitos de "uso razoable" (citas, referencias, etc.).
Asemade, calquera destas condicións pode ser negociada. Contacta comigo.
Todo isto quere dicir que podes, por exemplo, tomar un dos deseños deste sítio, modificalo un pouco (ou nada), imprimilo en camisetas e vendelas ó prezo que che pareza. Non é preciso que me pidas permiso, nen que me des parte dos beneficios (aínda que, dende logo, sería un detalle pola túa parte).
O que pola contra non podes facer é coller un dos deseños e dicir que é teu, ou -- logo de imprimilo nas camisetas -- dicir que ninguén mais pode facer copias del: as camisetas e o deseño que nela vai terían que estar liberadas baixo desta mesma licencia.
Así, a inclusión deste material noutro proxecto maior (por exemplo, usar parte dos debuxos coma ilustracións para un libro) está supeditada a que ese proxecto poida ser tamén libremente copiado, modificado, etc. (hai exemplos de libros liberados baixo licencias deste tipo).
Novamente, recoméndase que leas o texto legal completo. Se tes calquera dúbida no tocante destes puntos, usa o formulario de contacto.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|