Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Concerto pola língoa

Pantallazo

Frase lapidaria

Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.

— León Gieco

Encargas

Sí, acepto encargas, como notarías se lle botaches un ollo ás galerías. Pódesme encargar deseños usando o formulario de contacto pero hai unhas condicións, e uns prezos, que deberías de ler.

Condicións:

  1. Eu uso Software Libre. Se podo evitalo, non vou usar software propietario. Isto a tí non debería de afectarche, porque me comprometo a entregarche o traballo nun formáto estándar axeitado para a impresión, edición ou o que sexa (PDF, PNG, TIFF, etc.). Ademais, sempre proporciono os arquivos "fonte" do deseño, que poden ser editados cos programas pertinentes (Inkscape para o SVG, GIMP para o XFC, Scribus para o SLA...). Estes programas pódense descargar libremente da rede, e hainos para GNU/Linux, Windows, MacOSX, etc. Finalmente, son estándares libres, polo que calquera programa que realmente queira debería de poder lelos.
  2. Gosto de liberar os meus deseños baixo licencias de copyleft. Entendo que isto non sempre é posible, como por exemplo no caso de logotipos para empresas (de feito, hai exemplos disto na galería de logotipos). Onde sexa preciso, podemos negocia-la licencia e o copyright. Non obstante, pedríache que pensases se realmente te perxudica en algo o feito de libera-lo deseño baixo dun copyleft. A maioría da xente descubre que non lles fai mal nengún.

Prezos:

Ai, o tema dos cartos...
En principio, o que poidas pagar. Fago deseños de balde para asociacións voluntarias, e cobro prezos variables dependendo do lucro que se vaia obeter con deseños comerciais, e da capacidade económica do contratante. Pero a modo de mostra:

Estimo que o prezo mínimo por hora de traballo debería de ser vinte euros. Menos non é rendible. Pero claro, o termo "hora de traballo" na práctica nunca se aplica (nin tí nin eu temos forma de medilo) a un traballo creativo. Así que:

  • Deseñar un logotipo debería de sair por uns cen euros. Isto é, unha tarde de traballo (cinco horas). Se tes as ideas claras e unha proposta da que partir, nese tempo está feito e rematado. Os cambios que haxa que facer despois (detalles, cambios de cor, correccións e engadidos menores) son de balde namentres non se prolonguen días.
  • Se, como pasa con frecuencia, non tes as ideas claras... Bon, entón a cousa complícase. Ter que facer deseño tras deseño ata atopar algo que che guste consume tempo e é aburrido, por non dicir frustrante. O normal é cobrar algo así como vinte euros por boceto presentado (tanto se che gusta coma se non), mais uns 80 - 100 euros polo deseño final do boceto que escollas.
  • Un cartaz debería de saír por uns 100 e pico euros, dependendo da complexidade do mesmo.

Sexa como for, o meu procedemento habitual é acordar un prezo por anticipado. Se logo hai que refacer o traballo porque o que acordamos non che gusta, ou porque non tes as ideas claras, ou nos enleamos dalgún modo; entón avísoche cando me pareza que nos estamos a pasar, e negociamos un novo prezo (ou tentamos remata-lo traballo xa).

Tanto se o que aquí expuxen che convence coma se non, contacta comigo. Todo o que dixen é flexible, e seguro que podemos chegar a algún acordo.

deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala