Esta é a miña coleizón de ligazóns de interese, agrupadas por seizóns. Velaiquí unha táboa de contidos:
- A Rede en Galego
- Filosofía da Cultura Ceibe e do Software Ceibe
- Grupos de Usuarios de GNU/Linux
- Datos e argumentos
- Ferramentas de deseño gráfico
- Ferramentas científicas
- Ferramentas de programación
- Divertimentos
- Música
- Blogues de amigos
- Libros e documentación varia
A Rede en galego
Páxinas de interese da Rede galega. Porque habelas, hainas.
- Chuza!, sitio de novas non xerárquico e colaborativo. Con moi boa xente como regulares. Non esquencer facer unha visita ó fedello.
- A CiberIrmandade da Fala, adicada a facer que a Rede galega sexa posible, cada día.
Filosofía da Cultura Ceibe e do Software Ceibe
- Proxecto GNU xunto ca Free Software Foundation son o pilar de referenza do movemento do Software Ceibe. Neles están as orixes e as respostas ás dúbidas.
- Open Source Initiative. Non estou dacordo ca súa visión do que debe ser o Software Libre (Código Aberto, para eles), que me parece mercantilista, pero sería inxusto non poñelos aquí.
- Páxina de introducción de Xiph.org. Esta é a páxina de presentación do proxecto Xiph.org, pero en realidade é un dos mellores textos que vin sobre o que representa a crise do modelo tradicional de explotación da música.
- El copyleft explicado a los niños. Un ben escrito artigo que desmonta mitos sobre o copyleft, o copyright, e a "necesidad de proteger a los autores" (SGAE dixit), por un dos autores do libro Q, baixo copyleft.
- CreativeCommons. Organización adicada ó mantemento legal e promoción de varias licencias de copyleft que poden ser aplicadas a traballos de todo tipo (como complemento á GPL, que foi inicialmente concebida para o software). Nótese que non basta con dicir que algo está "liberado baixo da CreativeCommons". Hai que dicir cál das varias licenzas CC se usa, ou non vale pra nada.
Grupos de usuarios de GNU/Linux
Datos e argumentos
Varios sitios web que recollen datos de interese.
Ferramentas de deseño gráfico
Estes son os programas que eu uso decote no meu traballo. Todos eles correndo sobor do SO Debian GNU/Linux, pero hai versións pra Windows e MacOSX, se gostades.
- Inkscape, a miña preferida, e a que uso pra case que todo. Sonvos gráficos veitores, na liña do Adobe llustrator ou Macromedia Freehand.
- O GNU Image Manipulation Program, mais coñecido como GIMP, programa referente de debuxo e retoque fotográfico que ocupa o no Software Libre o espazo propietario do Photoshop.
- Scribus, prá maquetación, tipo QuarkXpress. Potente, e cada vez mais pulido.
- NVU Editor WYSIWYG pra páxinas web, bastante potente, de estilo semellante ó DreamWeaver. Baseado no motor do Mozilla Composer, pro millorado.
- Blender. Programa de deseño en 3D que ocupa o nicho do 3D Studio Max. Moi potente, hai unha comunidade con exemplos en http://www.blender.org
Ferramentas científicas
- SAGE, Software para a Experimentación Xeométrica e Alxebraica, unha suite (ceibe, claro) de software que aglutina as grandes aplicacións ceibes pra tratamento de datos, álxebra simbólica, teoría de grupos, estatística, e demais. Moi, pero que moi boa. Ademais, usa python coma lingoaxe del programación. :o)
- Maxima, un sistema de álxebra simbólica, descendente do Macsyma, o primeiro pacote de alxebra simbólica que existiu nunca.
- Gnuplot, moi bo programa de tratamento de datos. Recomendable prós que teñades que face-las prácticas de Física.
- Celestia, un moi bo simulador espacial, con texturas sacadas das tomas de satélite, buscador de eclipeses (en todo o sistema solar, non soio Lua-Terra!) e moito mais.
- Scientific Python
Ferramentas de programación
- Python, a lingoaxe de programación mais elegante que vin nunca: lexible, tipos dinámicos, orienada a obxectos dende a base (ata as clases son obxectos!), moi potente pró traballo de cadeas, pro traballo científico (non ten límite de precisión numérica nos enteiros ou flotantes; entende notación complexa de xeito nativo), cun sistema de creación de interfaces gráficas moi doado... Teno todo. Namorei dela. :o)
- Scientific Python
- PyGame, libraría pra programar xogos, e recopilatorio de xogos en Python.
- Boa Constructor. Un bo editor WYSIWYG pra Python, pra facer interfaces gráficas en dúas patadas.
- Emacs. Editor, cliente de correo, psiquiatra, amigo e sistema operativo, todo en un. Se non o pode face-lo Emacs, non se pode facer.
Divertimentos
- The Linux Game Tome. A páxina central na que buscar información sobre os xogos para o GNU/Linux. Aínda que hai tamén información comercial, a maioría son proxectos libres.
- PyGame, libraría pra programar xogos, e recopilatorio de xogos en Python.
- Tira Ecol en galego. Non é un xogo, senón unha tira de banda deseñada electrónica, moi famosa no mundo do Software Libre, que se publica con periodicidade e os compañeiros do Inestable.org de Ordes (http://inestable.org/) traducen á nosa língoa.
Música
- Twisted Helices. Música psicodélica de autor. Distorións, eléctrica, algo de electrónica, boa parte de improvisación e crítica política. Música Libre, por certo.
- Free Music Philosophy, algo semellante á filosofía do Software Ceibe.
- Magnatune.com, unha discográfica que libera os seus productos baixo de licenzas pouco restrictivas, entrega o 50% dos beneficios ós autores, e permite que aqueles conserven os dereitos sobre as obras. Ademais, pagas o que queiras pagar por cada disco, e soio se queres pagalo.
Blogues de amigos
- O demo me leve: O blogue do Fer. Ciencia, friquismo, cultura e matria.
- Sentenciando: O blogue do Iago. Verdades coma puños, mentiras coma espadas. Política, opinión e esbardalle.
- Un poco de todo: o blogue da Sora. Música, macs e friquismo.
- Hegemonía: un dos blogues do Cp. Partidas de rol, series de televisión, películas e friquismo, maiormente.
Libros e documentación varia
- Libros de debuxo de Andrew Loomis, xa fora de imprenta dende fai anos, pero moi bos: anatomía, perspectiva, debuxo de caras, de corpos, de roupa, caricaturas... Moi na liña clásica do debuxo americano, pero aínda así moi, moi interesantes de ler.
- E-Books sobre GNU/Linux. Colección moi grande de manuais e libros (en inglés) sobre prácticamente tódolos aspectos do GNU/Linux, dende introduccións "for non-geeks" ata cursiños de programación. E de balde.
- Aprendendo a programar en Python. Un titorial en liña orientado a xente que sabe manexar un ordenador, pero nunca antes programou nada.
- Emacs Wiki: información colaborativa sobre cómo facer cousas co Editor-De-Textos-Que-Debería-De-Ter-Sido-Un-Sistema-Operativo.