Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.
403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.
Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:
O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.
Mais información: 403day.org.
Veño de mercar un teléfono móbil --- por certo, o meu teléfono móbil, porque cansei de agardar a que algo baseado en OpenMoko (coma o Neo1970) ou en Google Android se fixese público dunha vez. Así que collín un teléfono de gama o mais baixa posible, pero estou bastante contento co resultado --- é un Toshiba TS705 que cumple sobradamente as expectativas que del tiña.
E se ben a funcionalidade principal que necesito do teléfono é facer e recibir chamadas (requerimento profesional) outra desas expectativas é navegar por internés. Collín o móbil con Yoigo, entre outras cousas porque cobran 1.2 euros/día de tarifa plana de internet, o que é mais barato que, digamos, o módem USB de Vodafone (e iso supoñendo que empregues a internés tódolos días).
Pois iso, que estou de celebración! Semella que aparte de horribles cancións, os italianos tamén teñen boas ideas de cando en vez.
Agora gustaríame que aquí se copiase a iniciativa. Eu ofrézome a dar discursos e soltar soflamas, que sabedes que me gusta.
Acéptanse mimos e agasallos, no entanto. A ver se cae algo! ;o)
Esta tarde estiven, pra eterna condenación da miña alma de linuxeiro, instalando un OSX "Tiger" nun ordenador de Sora.
O gracioso do asunto é que o ordenador en cuestión non foi fabricado por Apple (compañía que, por outra banda, é moito mais privativa e moito mais malvada que Microsoft, pero iso ha ser obxecto doutro artigo), senón que é un Asus vulgar como a vida mesma.
Hai quen dí que os nomes fan ás persoas. Se cadra é verdade, anque confeso que eu sempre fun moito mais da opinión de que os nomes con frecuencia se escollen pra que reflexen intencionalidade --- no caso das persoas, cómo van ser educadas, e no caso de proxectos e cousas, cál é a intención.
Sputnik significa "compañeiro de viaxe" en ruso. O simbolismo é evidente --- e aproveito aquí pra chamar a atención do leitor sobor dos nomes da cosmonáutica soviética comparada ca occidental: Mir significa á vez "Mundo", "Paz" e "Comunidade"; Soyuz significa "unión"; Vosjod é "Mencer"; Salyut, saúdo... ---, e precisamente polo significado do mesmo (aparte do fetichismo persoal dun servidor) é que eu escollín darlle ese nome ó meu portátil.
Veño de recibir na casa o Inkscape Starter Kit, un libro publicado por Pearson Education France (ISBN: 978-2-7440-2158-9), escrito por Elisa de Castro Guerra, no que aparecen un par de ilustracións miñas.

Elisa (a quen non coñecía de nada por aquel entón) escribiume fai xa bastantes meses pedíndome permiso pra empregar algunhas das miñas imaxes, que atopara neste web e lle gustaran, nun libro sobre inkscape que estaba a escreber. Por suposto, díxenlle que sí (namentres se cumplise a licenza, etc). E esquencín o tema.
SentenceSplitter.py: Python module to split text chunks into ortographic sentences, version 1.6. The code is at the bottom of this page.
SentenceSplitter.py: Módulo de Python pra partir textos en frases ortográficas, vesión 1.6. Tedes o código ó final da páxina.
Contén unha clase SentenceSplitter que parte parágrafos en frases empregando unha expresión regular para a detección e discriminación de marcas de puntuación, así como unha lista de abreviaturas que non deberían de disparar o particionado.
CriptoETSE - 0.1 alfa
Unha libraria de Criptografia para Informatica de Sistemas escrita en Python
Estes son os arquivos fonte dun traballo feito para a asiñatura de Criptoloxia, da Escola Tecnica de Informatica de Sistemas da USC. Pretenden ser un xermolo para se desenvolver no futuro con traballo da miña parte e doutros compañeiros de anos seguintes, de tal xeito que se acabe por obter unha libraria enteira e completa capaz de cubri-las necesidades da asinhatura e remprazar aplicacions privativas coma o Maple.
No cartafol CriptoETSE incluese o codigo do pacote de Python, que se pode importar pra traballar con el. Neste mesmo cartafol debe de haber dous arquivos, CriptoETSE.tex e CriptoETSE.pdf. Son, respeitivamente, a fonte e a version de imprenta do traballo final presentado. Recomendase botarlle unha ollada sequer porriba, porque alo esta mais comentado o pacote polo miudo. Tamen se aclaran ali temas de licenza (esencialmente, a GNU/GPL para o codigo e a GNU/FDL para o texto) e semellantes.
Saúde, xente.
Veño de escribir un brevísimo programiña en Python (que adxunto -- usádeo baixo dos termos da GNU GPL) que me permite recupera-los datos do MOC e publicalos eiquí. O que siñifica que podo volver a lista-la música que escoito para público escándalo e escarnio.
O programa depende do xa mentado MOC, e mais do lastfmsubmitd, un demo que serve como interface xeral para enviar música de calquera progama de audio (que teña escrito un plugín axeitado, claro) ó Last.fm.
Non, non vou falar de política, que vos vexo vir. Podería, pero non.
O caso é que os tempos non son chegados porque non me chegan pra nada. Últimamente ando a 0.95 c, e non dou abasto (que penso que se escrebe todo xunto, pero vai tí a saber) entre rematar traballos, prepara-los exames, politiqueos da universidade, prepara-los contidos do curso de deseño gráfico que vou dar, e demais.
Así que isto é en realidade unha desculpa por que o blogue/páxina web/chintófano este esté sen atualizar. Dende fai tanto tempo.
Mais ou menos.
Prometo novas en canto teña un anaco.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|