Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Primeira Grande Paparota do GLUG

Pantallazo

Frase lapidaria

Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.

— León Gieco

TKK Красный Октябрь

|
TKK Красный Октябрь

Uniforme para a Тарсис Kосмический Kорабль "Красный Октябрь" ("Outubro Roxo", Cosmonave do Pacto de Tarsis). Pronto poderedes ver fotografías das camisolas en acción durante as xornadas Tierra de Nadie 2007.

Na espalda leva o emblema da Forza Espacial da Organización do Pacto de Tarsis (OTD, polo nome en ruso: Organizashnii Tarsiskogo Dogobora), un mapa estelar representando os planetas membros do Pacto superimposto ca fouce, o martelo e a estrela. Sobre as ás pódese ler o nome da nave. O frontal leva unha bandeira roxa superimposta co perfil da nave. Enriba disto, novamente o nome da nave, e embaixo, o nome e cargo do tripulante. Sobre o brazo dereito, a bandeira roxa novamente co emblema da OTD e o nome da nave.

Tratábase de reproducir un estilo que fose á vez soviético e futurista. A nave está tomada en boa parte da "Leonov" de 2010, pero con notables modificacións (porque somos un grupo de friquis, e os deseños teñen que ter consistencia científica) e moito maior tamaño.

Coma de cote, adxunto o arquivo fonte, que se pode editar co Inkscape, e modificar baixo dos termos da licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual.

AdxuntoTamaño
OutubroRoxo-camiseta.zip51.46 KB

me! quero un XA!

me! quero un XA!

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala