It can only be attributable to human error.
Veño de recibir na casa o Inkscape Starter Kit, un libro publicado por Pearson Education France (ISBN: 978-2-7440-2158-9), escrito por Elisa de Castro Guerra, no que aparecen un par de ilustracións miñas.

Elisa (a quen non coñecía de nada por aquel entón) escribiume fai xa bastantes meses pedíndome permiso pra empregar algunhas das miñas imaxes, que atopara neste web e lle gustaran, nun libro sobre inkscape que estaba a escreber. Por suposto, díxenlle que sí (namentres se cumplise a licenza, etc). E esquencín o tema.
Polo tanto, imaxinaredes a miña sorpresa cando recibo, este luns, un magnífico libro de case 250 páxinas que cubre moi, pero que moi ben o Inkscape 0.44. (tamén para a miña sorpresa, descubrín que entendo bastante ben o francés... e iso que nunca o estudei). Ten, aparte dunha razoablemente breve introducción á interface, expliacións detalladas de cómo funcionan as internalidades dos gráficos vectoriais e as funcionalidades do programa para os empregar, entrando bastante en profundidade nelas --- de feito, eu aprendín xa un par de truquechos do libro. Tamén trae un cederrón co Inkscape e mais os arquivos de exemplo e as imaxes de mostra (entre as que están as miñas).
Sorprendeume bastante as imaxes (A noite do cazador e os autocolantes de Itaca) que Elisa escolleu da miña galería. Qué conclusións tirará un francés dos autocolantes...? Supoño, de tódolos xeitos, que o que a autora buscaba era diversidade nos estilos, porque ó carón destes puxo imaxes fotorrealistas de Edson Santos ou Luciano Lourenço; ou as creacións de Chromakode --- tanto mais subidón para o meu ego, porque todos eles son extremadamente bos no seu traballo.
De xeito que teño que lle agradecer a Elisa xa non que me incluíse, senón que escribise este libro, porque realmente é un moi bo manual que penso que pode ser moi útil a moita xente, e que pode axudar a que o Software Ceibe sexa mais coñecido e empregado entre os deseñadores. Ogallá tivesemos (teñamos?) unha traduczón ó galego.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|