Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Ronin

Pantallazo

Frase lapidaria

O Software Libre pode ser de mais ou menos calidade que o propietario, mais ou menos seguro, mais ou menos amigable -- pero todo iso é irrelevante para nos: o Software Libre é inherentemente superior ó propietario porque, precisamente, é libre.

Enmenda a Umberto Eco

|

Sei ben que o título é arrogante, pero é que leo en Chuza! preocupantes comentarios por parte de Umberto Eco. Nomeadamente:

a perda nos coñecementos históricos, unha enfermidade típica nos Estados Unidos, estase espallando por desgraza cada vez máis tamén entre os mozos europeos
(...)
un exceso de informacións pode ser tan perigoso como unha carencia

O que dí Eco é verdade... a medias. Que é certo que canta mais información temos mais complexo é discrimina-lo grau da palla, vale. Pero tentar arranxalo reducindo a cantidade de información é un crime. Quén vai decidir qué é importante e qué non? O señor Umberto?

A solución non é a censura (chámselle como se queira) -- e parece vergoña que teñamos que lle lembrar isto ó autor daquel ensaio sobre o Ur-Feixismo, ou de El Nombre de la Rosa, novela onde se censuraban "coñecementos perniciosos" --, senón educar á poboación en seren críticos co que len, e en saberen distinguir, que sen dúbida non é traballo doado.

O leitor de Internet vese confrontado, ademais de con moita información, con moita información dubidosa. As fontes non sempre son fiables, as opinións son sesgadas, os datos poden estar errados, caducados ou deliberadamente manipulados. As visións extremas abundan. Todo iso fai que buscar información na rede sexa un traballo coidadoso, pero négome a crer que vaia en detrimento do coñecemento.

Quizabeis as escolas deberían de adicarse menos á clase maxistral, e mais a ensinar a pensar, pra que nun mundo onde temos toda a información ó noso alcance, sexamos quen de atopar aquilo que buscamos.

Anque tamén é certo que pra saber pensar hai que ter unha cultura de base.

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala