Remember, remember,
September the eleventh,
the Chilean
treason and coup.
I see no reason
why murder and treason
Should ever be forgot.
Como notaredes, veño de facer uns cantos cambios estéticos á páxina. Penso que queda mellor agora, co fondo vermello (que amablemente tomei prestado dalgures, e modifiquei un anaco co GIMP) e que é mais doada de usar. Candomenos, as ligazóns vense muito millor.
Tamén arranxei un par de problemas que a páxina tiña de estruturación, e mais caralladiñas pra que se vese ben no Internet Explorer, así que lle saco a etiqueta de 'beta' que tiña por aí posta. Pra que vexades -- xa vou por diante do Web2.0!
Evidentemente, queda muito por arranxar (validación de estándares, eliminar CSS supérfluo, mellorar a accesibilidade), e como sabedes hei andar a fedellar na páxina decote. Pero tempo o tempo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|