O Software Libre pode ser de mais ou menos calidade que o propietario, mais ou menos seguro, mais ou menos amigable -- pero todo iso é irrelevante para nos: o Software Libre é inherentemente superior ó propietario porque, precisamente, é libre.

Este é polo de agora, o debuxo da serie do gato montés da que estou máis satisfeito. Ten, evidentemente, uns cantos erros de bulto, pero o conxunto é bastante bo, tanto a cinemática coma o coloreado e as sombras.
Digo que ten erros: as cachas das patas traseiras son irregulares, precisan retoques e sombrado. O rabo deberí de estar mais baixo, ainda que soio fose un pouco. As marcas da pelaxe precisan tamén algúns retoques. E a herba precisa un "peinado", as liñas están moi; desordenadas. As unllas da pata da esquerda (a que queda por debaixo do corpo) terían que estar máis adiantadas. Pero corrixir eses detalles terá que agardar a que teña tempo e ganas, as´ que polo de agora isto é o que hai.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| a_noite_do_cazador.svg.gz | 20.78 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|