Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Asemblea 2007

Pantallazo

Frase lapidaria

Se un amigo pide que lle fagas unha copia dun programa, non sería ético negarse. A cooperación é máis importante que o copyright. Pero unha persoa debería aspirar a vivir unha vida honrada abertamente, e isto significa dicir non ó software propietario.

— Richard Stallman

Dia nacional de "il Gatonegro"!

|

Un gatonegro. Pois iso, que estou de celebración! Semella que aparte de horribles cancións, os italianos tamén teñen boas ideas de cando en vez.

Agora gustaríame que aquí se copiase a iniciativa. Eu ofrézome a dar discursos e soltar soflamas, que sabedes que me gusta.
Acéptanse mimos e agasallos, no entanto. A ver se cae algo! ;o)

Boas

Moi boas, preséntome:
Son André, e pareceume interesante esta web, por iso, convídote a visitar a miña... inda está por pulir, é un blogue... Espero verte por alí.
E unha cousa máis, vouche facer unha crítica respeito un artigo que lin nesta páxina sobre CCOO. Son militante da X.C.G., e inda que non comparto nis as formas, nin o facer dese sindicato, paréceme fatal o comentario que fixeste respeito ao cartace que lles diseñaches: "demasiado rojo". Se foras un profesional íntegro e seguro de tí mesmo, non lles terías feito nada se tan "malos" che parecen. E unha cousa máis, ti non sei, pero eu estiven moitas veces nos locais da CNT, e fun simpatizante durante un tempo, colaborando con un proxecto que uns compañeiros máis eu tiñamos, e visto dende dentro, non é tan bonito... moléstate en coñecer, que hai de todo neste mundo.

Graciñas pola tua opinión, André

Primeiramente, encantado de te coñecer, e moitas grazas polos teus comentarios --- penso que caseque tódalas persoas poden aportar algo interesante. Talvez tivera sido mais interesante que os publicases nos elementos que lles correspondían, pra que a xente saiba de qué estás a falar cando lea isto no futuro... en beneficio doutros leitores, eiquí están a ligazón ó deseño pra CC.OO.

En resposta ó teu comentario sobre o deseño de CC.OO.: primeiramente teño que dicir que non era un cartaz, senón un deseño para o manual sindical. Gusto de pensar que son un "profesional íntegro e seguro de min mesmo", e precisamente por iso asumín o proxecto que me encargaron, e tamén por iso fago pública, sen medo, a milña opinión sobre o mesmo. Penso que asumindo un proxecto destas características se pode facer algo pra, modestamente, contribuír a que Comisiones Obreras se desprace lixeiramente á esquerda: a estética importa, e condiciona moito á xente (non é casualidade que o deseño do manual que tiñan anteriormente fose moito mais lavado e moito menos "rojo"). Non teria feito un proxecto así para, digamos, a Falange ou o PP, precisamente porque penso que a diferencia de CC.OO., eles non teñen redención.

Enlazando co anterior, no tocante a que che pareza fatal que diga que o meu deseño lles pareceu demasiado rojo, debo dicir que liches o artigo sobre ese deseño con pouco coidado. Nel digo que «polo visto, pra Comisións Obreiras resultou ser "un poco rojo de más" (sic)». Isto non é unha valoración miña: foron as palabras textuais de quen me contratou pra face-lo deseño (como indica o "sic." que segue á frase). Supoño que eles, que eran quenes falaban directamente con CC.OO., saberán mellor ca min e ca tí o que lles pareceu e o que non.

Finalmente das a entender que eu fixen algún tipo de comentario ou despectivo ou condescendente sobre a CNT, e de novo penso eu que non liches o meu artigo con atención: no comentario orixinal sobre o deseño non se menta nen unha vez ó sindicato anarquista, e nos comentarios é un vistante quen dí, textualmente: «o vermello-negro con proletas e fábricas é cousa da CNT». Aparte do feito de que a min esa frase non me parece en absoluto negativa, recalco que non a escribín eu nunca.

Agradézoche os teus comentarios, pero penso que sobra o tono condescendente. Coñezo, se cadra tan ben coma tí, á xente da C.N.T., das CC.OO. e das X.C.G., e teño a miña opinión sobre todos eles, precisamente porque me molesto en coñecer á xente e o que fai, así como tamén me molesto en ler con detemanto as páxinas nas que comento.

En calquera caso, se queres falar mais destes temas, convídoche a un café algún día que pases por compostela e falamos de xeito mais cómodo.

Denís.

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala