Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

Este debuxo está baseado nunha fotografía dunha miña amiga, Catuxa, que tocaba o violín en Nápole. A fotografía orixinal era moi semellante en arranxo, pero a vista da cidade (e, por suposto, o redebuxo da fotografía) é cousa miña.
O que se ve entre as torres ó fondo da cidade é o sol, poñéndose, que difracta nos edificios. Sí, non é unha bomba, ou non intentaba selo nun comezo. Tampouco o título tiña esa intención.
Pero se cadra foi cousa do subconsciente, porque é certo que se pode interpretar así.
E tampouco non é mala cousa. O ambiguo é fermoso.
Como os que loitan por algo.
Tedes as fontes e a versión a pantalla completa embaixo, coma decote.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| ela contra a cidade.png | 96.67 KB |
| ela contra a cidade.svgz | 31.48 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|