Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Web para o Inkscape

Pantallazo

Frase lapidaria

Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

— Confucio

Signals of life

Escribo, principalmente, porque fai xa ben tempo que non dou sinais de vida na páxina web, e pensei aquilo de "unha vez ó ano non fai dano".

Non é por falla de contidos que actualizar --- de feito a masa de cousas que teño pendentes de subir pode ser un dos motivos polos que me de tanta preguiza subilos. Non, mais ben é porque dun tempo para aquí estou moi liado co choio (o que supoño que é boa sinal).

E isto liga ca inactividade da páxina de dous xeitos: non actualizo porque non teño tempo, pero tamén porque dunha tempada para aquí veño dándolle voltas a refacer esta paxina web. O meu traballo esixe, entre outras cousas, un cartafol de presentación (un "portfolio", ou un "dossier", ou como queirades) algo mais ordenado e mellor escollido que a galería de imaxes que fun subindo equí, e tamén unha presentación da páxina mais sinxela. Ademais, penso que vai sendo hora de comezar a separar o ámbito do persoal do profesional.

Todo isto quere dicir, básicamente, que quero reface-la páxina para que sexa o mais sinxela posible, en estrutura pero tamén en deseño, e presente claramente os meus traballos profesionais. Pero ademais, tamén quero poder escribir sobre unha morea de cousas que teño pendentes (non, non penso que vaia a meterme no mundiño dos blogues, e algún día escribirei tamén por qué non).

A idea que teño en mente incluiría as seguintes seccións (menos, se atopo algún xeito de reducir e que quede claro):

  • Cartafol de mostras.
  • Acerca de... (da páxina, de min mesmo, datos de contacto).
  • Persoal (Isto sería algo parecido a un blogue, e estaría mais enfocado ó tema persoal e á cibersociabilidade. Non penso que vaia a ser, en esencia, moi diferente do que é esta páxina agora).
  • Arquivo (Un lugar no que meter "cousas", dende arquivos comprimidos que subo para que a xente baixe ata titoriais, ensaios, ou o que se tercie. Caixón de xastre).

Estou interesado en escoitar impresións e en posibles estruturacións alternativas para unha páxina que ten que reunir eses dous aspectos --- o persoal e o profesional, pero separados. Tamén me serían útiles os exemplos que atopasedes por aí e que vos gusten por un motivo ou outro.

Algun haberá

Hola "Gatonegro":
Dende fai un tempo, (magosto do ano pasado), visito esta paxina, que como compañeiro do gremio de deseño, me entusiasmou, o estilo, ideas e personalidade que lle pos os traballos.

Simplemente, expresarte que me parece un bloge ou paxina moy atractivo e o mesmo tempo ten algo que non teñen outros, non solo expon traballos, senon que di algo. Anímote a que o fagas un pouco mais activo, xa que e o que o vai manter vivo. E xa sabes, se precisas colaboracion ou axuda aqui estou dentro do que eu poda axudar.

Un saudo.

Gustariame recibir un mail verificando cando leas personalmente isto.

Grazas.

Graciñas polos cumplidos,

E correo enviado. A verdade é que nunca pensei que alguén fose a agardar durante un ano a ver se a páxina se actualizaba --- iso é fidelidade! ;o)

Pois eu...

Pois eu estou pensando, como parte da miña nova andaina profesional en solitario como autónomo, en volver unir as miñas identidades profesional e persoal na rede, ao revés do que matinas ti. É unha decisión aínda non firme que vou implementando de xeito gradual e que quizá deba finiquitar de vez cun debate a varias bandas.

Canto á túa páxina as dúas versións que cheguei a coñecer transmiten 1) estilo diferenciado ou personalidade e 2) dominio da materia interneteira. Entendo que de cara ao cliente ou empresa convencional (que en deseño gráfico e en internet cada vez hai máis convencionalismos) o que se espera atopar é outra cousa, daí que penses en separar cousas. Porén eu vería máis acaída máis unha separación funcional que de facetas ou identidades.

Non coñezo exemplos concretos doutras páxinas, aínda que teño vistas cousas incríbeis (para algo habían de valer as horas de navegación). Pero neste punto creo que é prudente un deseño modular, que permita ir engadindo cousas de forma gradual, sen desfacer o anterior, con calma (que isto non cho paga ninguén) e segundo as necesidades do traballo.

Saúde!

Branco

Penso que eras tí o que me comentaba, alá pola orixe dos tempos do GND30, que che gustaba mais a versión anterior, branca. Daquela pode ser que che volva a gustar a idea que estou a barallar agora, que efectivamente é branquiña de todo e bastante limpa de lilñas. Cando teña algunhas imaxes xa publicarei.

No tocante ó comentario, estou dacordo en todo. A modularidade é fundamental, e que sexa doado ampliala (con liberdade). O da separación profesional-persoal non se trata tanto dunha separación estanca (como teño visto noutros profesionais) coma dunha separación funcional, como lle chamas tí: existiría unha páxina principal con ligazóns a cada un dos puntos mentados no artigo, de xeito que quen busque ver mostras do traballo ou datos de contacto poida atopalos con rapidez, e quen teña mais curiosidade poida ler mais no pseudoblogue. Trátase, básicamente, de poder poñer neste último cousas que noramlmente non queres amosar mesturadas ca imaxe estritamente profesional.

Exemplo: quero escribir artigos políticos que vaian dende ideas sobre o estado da lingua, especulacións ecomómicas e a miña opinión sobre a violencia, ata propostas de deseño, recomendacións musicais, ou o que se tercie. E unha cousa é ter unha sección de deseños no blogue, e outra que esa sexa a única mostra que teñas cara o exterior.

Todos agardamos ese remozado

Non sabes canta xente estamos a agardar por ver o teu site remozado e actualizado. Eu coñezo a páxina dende moito antes de atoparnos por terras de Lareta, e como xa se dixo, é das que te deixan ganas de ver máis.

Ánimo con ese remozado.

Unha aperta.

Pelota!

Pero graciñas polos cumpridos, que sempre gustan. :o) A ver se me poño, a ver...

Encántame o teu traballo.

Encántame o teu traballo. Segue así ;)

Graciñas!

Sempre é bo saber que a alguén lle está a prestar. :o)

Moi boa paxina...eina seguir

Moi boa paxina...eina seguir de preto. Saúdos

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala