Nicht Gut, nicht Gold, Noch goettliche Pracht; nicht Haus, nicht Hof, noch herrischer Prunk; nicht trueber Vertraege truegender Bund, nicht heuchelnder Sitte hartes Gesetz: selig in Lust und Leid, laesst - die Liebe nur sein.

Deseño creado para o concurso de camisetas que DeviantART organizou.
Suponse que o sitio en cuestión é un escaparate para que "artistas" expoñan as suas obras. E agora queren sacar unha liña de roupa "con arte" creada polos membros do sitio. Ben, pois esta é a miña impresión: o arte non ten marca. Non podes comercializalo coma se fosen dónuts ou cocacola.
O que é ou non é arte será obxecto de outra camiseta. Non obstante, se consideras isto arte, ¡queimao! O arte non debe de ser marcado.
O asunto da impresión de camistas é un tema delicado. Se queredes facervos unha, mellor escribideme, e xa vos preparo un arquivo PDF axeitado. Ademais, así tradúzovola ó galego (ou ó que sexa).
(En ianquilandés, "brand" significa marca -- de roupa, de coches, de galletas -- pero tamén marca de gando, desas que se poñn ó lume sobre a pel. Se o pensades, é grotesco.)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|