O neno libre da culpa que xenera a propiedade, e da carga que é a competitividade económica, crecerá ca vontade de facer o traballo necesario, e de disfrutar con elo. É o traballo inútil o que escurece o corazón.

Hai cantidá de xente que vai polo mundo con cara de amargada, tentando transmitir o duros que son, o asqueados que están desta vida, "mira, dispararonme no corazón, son un cadáver andante"...
Non falo dos góticos (aínda que eses son outros que ben bailan), senón dun xénero que os ianquis chaman "angst" e ó que non lle coñezo traducción.
En calquera caso, esta camiseta é unha pequena burla a esa xente. Suponse que debe de parecer un tiro no peito (aínda que o aspecto de debuxo animado debería de facer desconfiar, claro), pero ó achegarse lese a frase: Sí, comín espaguetis.
Se che interesa, ponme un correo e prepároche un PDF axeitado para imprimir.
...pero é destas verbas que se substantivizan e logo son malas de lle atopar un equivalente. Quizabeis deberiamos de empregala directamente do alemán, tal cual.
No tocante ós gotiquillos... Qué lle queres, non me meten demasiado medo. O mais probable é que no proceso de invocar a Yog-Sothoht se picasen cunha rosa negra e morresen entre grande melodrama, chirriar de cadeas, traxedia épicomundial e demais desgracias... Posiblemente con tormenta, raios e relámpagos incluídos. A ser posible nun castelo. Con, um, morcegos.
E lua chea.
Vamos, que a diferencia entre os angsters e os gotiquillos é que os últimos, alomenos, teñen algo de gracia, e ás veces mesmo estilo. Os primeiros soamente amolan.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Por certo, angst é uma
Por certo, angst é uma palavra alemana que significa angustia ou algo polo estilo.
E coma volvas dizer algo dos "gotiquilhos" eu mesmo usarei o teu nome real para alabanza de Yog-Sothoht para que a tua alma impia se retorza por sempre no inmundo e impio R'lyeh