Nicht Gut, nicht Gold, Noch goettliche Pracht; nicht Haus, nicht Hof, noch herrischer Prunk; nicht trueber Vertraege truegender Bund, nicht heuchelnder Sitte hartes Gesetz: selig in Lust und Leid, laesst - die Liebe nur sein.

Este debe de ser un dos cartaces mais estraños que fixen últimamente. Foiseme un pouco a pelota e o resultado foi... digamos que interesante.
Con todo, non quedou mal, e visualmente é curioso. Pra acadar ese efecto nas botas, tomei unhas imaxes da rede, paseinas a escala de grises e apliqueilles o filtro newsprint (baixo o menú filtros > distorsións) en modo intensidade, co GIMP. Despois, pasei a paleta monocroma (1 bit), salvei e vectorizei co Autotrace, pra incorporalo no cartaz. Como será obvio, a bota inferior é o inverso da superior.
Un problema que ten este método é que xera moitísimos elementos ó vectorizar. O Inkscape pode lidiar con eles, pero unha vez convertido a PDF (vía Scribus) o Acrobat Reader non era capaz de lelo (pero sí o XPDF e o GPDF, irónicamente).
Ah, por certo, as fontes son do conxunto freeware de Apostrophic Labs.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| cartaz.roteiro_por_brion_2004.svg.gz.svg | 719.76 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|