Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Pegatinas Itaca 2005

Pantallazo

Frase lapidaria

Nicht Gut, nicht Gold, Noch goettliche Pracht; nicht Haus, nicht Hof, noch herrischer Prunk; nicht trueber Vertraege truegender Bund, nicht heuchelnder Sitte hartes Gesetz: selig in Lust und Leid, laesst - die Liebe nur sein.

— Richard Wagner -- Final alternativo para Götterdämerung, en Der Ring

Por qué non hai un correitor ortográfico do galego

|

Veño de ler un moi interesante artigo de Ramón Flores sobre por qué non existe un diccionario aspell/myspell/ispell do galego. En esencia, o problema redúcese a:

  1. Os pronomes enclíticos
  2. xunto ca normativa ILG-RAG.

Resulta que no galego, entre combinacións das conxugacións verbais mais os pronomes enclíticos, cada verbo ten entre 1000 e 1500 posibles formas. Iso, multiplicado por unha lista razoable de (propón Ramón Flores) 7000 verbos da un número total de formas verbais na orde dos dez millóns. Inabranguible.

Empregar normas pra construí-las posibles formas verbais é unha opción viable... na normativa de mínimos. Porque o guión (fixémos-lle fronte a fixémoslle) é identificable coma un delimitador de palabra, e o pronome enclítico nesa normativa non modifica o acento.

Nembargante, a normativa IGL-RAG considera que o pronome vai concatenado co verbo, e que modifica a acentuación, o que implica reescreber tódalas posibles combinacións de verbo+conxugacións+persoas+pronomes enclíticos.

Eu non vos son lingüista, e esta explicación é trapalleira, pero o home parece saber do qué fala. Gostaríame que, se algún lingüista lé isto (e o artigo de Ramón Flores) me dixese se é un razoamento correcto.

Un argumento para os mínimos ou o reintegracionismo?

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala