Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Lenin Limón

Pantallazo

Frase lapidaria

Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.

— León Gieco

A guerra mata

A guerra mata

Frase absurda? Moita xente semella non entendela.

A crítica é dobre: por un lado, contra as campañas antitabaco que se están levando a cabo a nivel mundial (e españa non é nin con menos o peor sitio).

Eu non fumo, pero non por iso deixa de parecerme que se está adoptando unha actitude totalmente nazi ó respecto. Informar, sí. Educar, tamén. Pero afirmacións como "Fumar mata" e a segregación social á que se somete ós fumadores son, pura e simplemente, estúpidas. Máis xente morre cada semana por accidentes de coche nos que interveñen conductores borrachos (que se matan a si mesmos e ós que levan por diante), e decenas de maridos borrachos matan a paos ás mulleres cada ano, e mais non se prohíbe o alcohol. Nen debería. O problema, coma sempre, non son as leises, senón a educación social e a suciedade de consumo. E, polo outro lado, por suposto, a crítica á guerra. Estamos a tentar que os fumadores non nos maten cos seus nefastos fumes (ou, meu deus, qué horror), pero EE.UU. fai millóns cos cigarrillos, que logo gasta en armas para regalarlle a Saddam Hussein na década dos 80, cando lle interesaba, e logo atacalo nos 90/2000, cando xa non lle sirve. Coma Osama Ben Laden, que era ex-axente da CIA (os que mataron a Allende).

Vamos, que a guerra mata. E mentras xente morra no mundo polo egoísmo de outros, directa ou indirectamente por culpa das guerras, todo o demáis son caralladas. E punto.

Por certo, no sito costofwar.com podedes ve-lo custo da guerra no Iraque en dólares e en que se podería ter investido. Citando a un dos menos malos (que xa é dicir) presidentes que o Imperio tivo, Eisenhower: "Cada arma fabricada, cada barco de guerra botado, cada mísil que se dispara representa, á fín, un roubo a aqueles que pasan fame e non teñen qué comer, aqueles que pasan frío e non teñen con que se vestir."

En realidade, ista imaxe debería de ser unha pegatina. Talvez, cando saquemo-la próxima tanda en Itaca, vaia no lote.

AdxuntoTamaño
a_guerra_mata.svg.gz47.83 KB

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala