Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

Esta imaxe está inspirada en Cotton Candy, por Grimcinder. A sua versión era rosa, pero eu non son rosa, claro.
A imaxe orixinal era mais grande, así que podedes vela mellor no arquivo adxunto embaixo. De veras, de veras paga a pena facelo. Vense muito mellor os detalles pequeniños.
Gústame o contraste entre as cores ácedas do tripi que lle saen da cabeza á rapaza, e o branco e negro da imaxe. Tamén me gustan estes efectos que estou a conseguir co Inkscape, de manchas e tintas. Semella que cada vez controlo mellor o programa.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| acidcandy.png | 113.49 KB |
| acidcandy.svg.gz | 120.25 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|