Se un amigo pide que lle fagas unha copia dun programa, non sería ético negarse. A cooperación é máis importante que o copyright. Pero unha persoa debería aspirar a vivir unha vida honrada abertamente, e isto significa dicir non ó software propietario.

Outra imaxe da serie do gato de monte. Nesta ocasión, ademais, tenta ser un chiste horrible. Para a maioría da xente que non saiba programar en C, as letras enriba son un pseudoprograma que colle dous gatos e os multiplica, obtendo, claro está, un gato ó cadrado.
Notarase que o fondo de herba é neste caso vertical. Os gatos están quietos e non se pretende dar nengunha sensación de movemento ou acción. É tamén interesante o aspecto de esfinxe que presentan os gatos, penso que quedou bastante ben. Fíxate no detalle de que o cu, as patas traseiras e o rabo dos dous gatos da esquerda son virtualmente o mesmo, invertido (non así a cabeza nen as patas dianteiras). Son as maravillas dos gráficos vectores. De feito, soio esbocei completamente (con lápis) o gato da esquerda, a cabeza do do medio e o aspecto xeral do cadrado. Podería ter alterado os rabos e as patas de xeito que non se notase, pero pareceume de interese mante-la simetría nas patas de atrás e rompela na metade superior do corpo.
Outro detalle: semella que os gatos están (lixeiramente) torcidos, inclinados un cara o outro, ¿verdade? Pois non o están, e non sei por que se da ese efecto óptico.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| gato_o_cadrado.svg.gz | 13.66 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|