O neno libre da culpa que xenera a propiedade, e da carga que é a competitividade económica, crecerá ca vontade de facer o traballo necesario, e de disfrutar con elo. É o traballo inútil o que escurece o corazón.

Velaiquí unha das páxinas para a prometida banda deseñada sobre o álbume Animals de Pink Floyd.
A estructura narrativa non será evidente ata que se vexa o traballo completo, pero debería notarse xa a disociación do texto e imaxes, que en certo modo actúan coma unha película muda. O lobo/can vai narrando/increpando ás ovellas pola súa situación, forzándoas a abri-los ollos nas primeiras dúas fileiras de viñetas. Embaixo, o mesmo lobo (ou outro semellante, non importa), axexa dende o negro, namentres as ovellas recitan o Credo da Ovella:
O Señor é o meu pastor,
non debo ter vontade.
Él faime deitar nos verdes prados,
Él é guía a traveso dos regatos silandeiros.
Con escintilantes coitelos Él libera a miña alma.
Fun feito pra colgar en altos garfos,
pra ser convertido en costelas de año.
Porque, ¡Oh!, grande era o Seu poder,
e grande a Súa fame.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| paxina.sheep.negro.svg.gz | 131.22 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|