Nicht Gut, nicht Gold, Noch goettliche Pracht; nicht Haus, nicht Hof, noch herrischer Prunk; nicht trueber Vertraege truegender Bund, nicht heuchelnder Sitte hartes Gesetz: selig in Lust und Leid, laesst - die Liebe nur sein.

Esta imaxe, que é das mellores que hai en todo este sitio, evidentemente non é da miña autoría, alomenos non na súa maior parte. O autor do cadro orixinal é Alexander Korolyov, artista soviético. Todo o que eu fixen foi redebuxar, moi próximaente, un fragmento do seu cadro.
A imaxe orixinal que eu te&ño é este mesmo fragmento, na cuberta do CD da Quinta Sifonía e Concerto para Violonchelo num. 2 de Dimitri Shostakovich, editado pola Deutsche Grammophon. Levo moito tempo tentando conseguir unha imaxe do cadro completo, e ata o de agora tiven pouco éxito. Se alguén sabe ónde podo ver unha foto, lámina, debuxo ou o que sexa da obra, por favor enviádeme unha mensaxe usando a sección de contacto.
O que me atrae do cadro é a forza do trazo, o xogo de luz e sombras nas caras dos traballadores e os matices branco-vermello-negro da imaxe.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| poder_para_os_soviets.svg.gz | 22.25 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|