Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

Esta foi unha das primeiras imaxes que fixen co Sodipodi -- e nótase bastante. Ven sendo o comezo dunha serie de debuxos que enxeñosamente chamei "Serie do gato de monte".
Aínda que a imaxe tivo e ten moitos defectos, o que máis problemas deu foi a herba. Quería transmitir sensación de movemento sen recorrer os métodos tradicionais das liñas cinemáticas. Inicialmente, a herba eran liñas verticais, pero interrompían o movemento do gato. Liñas horizontais transmiten, efectivamente, velocidade, pero serian mais axeitadas se o gato estivese á carreira (que é unha das imaxes que teño que facer pra remata-la serie). Ó final decidinme por dobralas seguindo a forma do corpo do gato... Pero, francamente, aínda que algo mellorou a min semellame que a herba esta dobrada polo vento (claro que talvez iso non sexa negativo).
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| salto_do_gato.svg.gz | 14.59 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|