O Software Libre pode ser de mais ou menos calidade que o propietario, mais ou menos seguro, mais ou menos amigable -- pero todo iso é irrelevante para nos: o Software Libre é inherentemente superior ó propietario porque, precisamente, é libre.

O ADOM (Ancient Domains Of Mistery) é un xogo de ordenador dos que se co&netilde;ecen como roguelike: "gráficos" ASCII, exploración de mazmorras, liberdade de xogo, un soio xogador, por turnos, xeración aleatoria dos niveis... Para o que non os coñeza, os roguelike son coma o Diablo, pero ben feitos, e sen gráficos.
O ADOM é un dos mellores que existen (se non o mellor). Ten unha grande riqueza mitolóxica, unha historia de trasfondo (que aínda non de coñece de todo), unha extrema liberdade para persoalizar o personaxe, grande liberdade tamén de xogo (con varios finais posibles, con moitas formas de resolve-las misións), unha panoplia tremenda de obxectos e seres, moitos lugares, e ademais unha grande coherencia interna (non mistura grandes heroes con turistas e arqueólogos, como o NetHack).
En poucas palabras: é o único xogo ó que aínda xogo algo de vez en cando.
Un día, experimentando co Inkscape, déuseme por facer este monograma. Está inspirado en deseños tradicionais coma os monogramas cristianos ou o famoso monograma de J.R.R.Tolkien. (De feito, a idea de sintetizar unha palabra/texto nunhas cantas letras entrelazadas gustoume tanto que creo que a vou usar, en troques das xa manidas runas, nos próximos xogos de rol que arbitre).
Dende o punto de vista técnico, son interesantes os efectos de tinta nas letras, o pergameo do fondo, e as manchas de humidade/cousaindefinida. Todo son gráficos vectores, creados co Inkscape. De feito, as últimas son en realidade estrelas de 66 puntas redondeadas e aleatorizadas, e o pergameo foi creado con efectos de plasma do GIMP, e vectorizado a través do propio Inkscape.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| adom-monograma.svg.gz | 151.7 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|