Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

Zori ven de Txori, que en éuscaro significa "paxaro", e é o nome dun programa de cuántica de Monte Carlo (que non quere dicir que estea feito en Montecarlo -- é o nome do método de análise).
A idea do paxaro como logotipo ven da tradición éuscara (e celta) de le-lo destino no voo dos paxaros: o programa fai prediccións sobre o futuro (dunhas poucas partículas, ¡eh!). As cores son petición expresa do autor, porque lle gustaron no meu avatar.
Como nota engadida, teño que dicir que a versión que vedes data do outono do 2004, cando tiven que reface-lo deseño.
O asunto foi que o director do proxecto (que non é Alan Azpuru, o que me encargou o logotipo) opinaba que o Zori orixinal era moi parecido a un indio Apache, e que podía ferir susceptibilidades. A corrección política -- que demasiada xente confunde co respecto -- está a alcanzar o límite no que calquera palabra pode ser malinterpretada.
En calquera caso, foi pra mellor. O novo deseño é mais moderno e mais acabado.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| zori.svg.gz | 16.73 KB |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|