Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Proletarios da Galiza, xuntádevos!

Pantallazo

Frase lapidaria

Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.

— León Gieco

Plataforma Popular Polo Planeta Plutón

| | | | |
Plataforma Popular Polo Planeta Plutón

Paréceme fatal, pero fatal, o que se dí FATAL que uns cantos pseudocientíficos revisionistas queiran sacarlle a Plutón o estátus de planeta.

Que digo, planeta: planetas! Sabía vostede, leitor imprudente, que o que decote chamamos Plutón, así con aleghría, é en realidade o único planeta binario do sistema solar, xa que a masa de Plutón propiamente dito e a da sua "lúa", Caronte, son tan próximas que se deforman un ó outro, e rotan en torno a un centro invisible de gravidade sito entre os dous.

É Plutón, ademais, un sistema rocoso mais aló do cinturón de asteroides, o que aumenta a sua singularidade porque, como ben saberá, amigo leitor, tódolos planetas das órbitas exteriores do Sistema Solar (Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno) son gasosos. Todos, menos Plutón, claro.

E qué mais dá se non é grande dabondo? E qué importa se veu de fora? Que a sua órbita non está no plano da eclíptica? Que posiblemente sexa unha lúa ou un planetoide capturado ou escapado? Acaso crecimos con trauma algún tódolos que sempre recitamos a cantinela aquela de «Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano, Neptuno e Plutón»?

Pois iso -- que a ciencia tamén ten dereito a ser romántica.
Plutón Planeta Xa!

(Marxinalmente, esta camisola tamén serviu pra introducir unha hipotética marca de camisolas e deseños varios ca que quizabeis eu e mais uns colegas formemos unha cooperativa: Deseños da Arroutada. O porqué do nome supoño que seredes quen de o imaxinar.)

Actualización: Adxunto o arquivo fonte SVG, que me esquecera de as meter no orixinal. Tamén vos vai adxunto o PDF cos autocolantes, pra facer campaña.

AdxuntoTamaño
pluton.autocolantes.1.pdf132.89 KB
pluton1.svg.gz23.59 KB

Hum!

(Segue sem deixar-me ponher nome!; som Fer)
Ainda que nom concorde científicamente coa reclamaçom, romántica e sci-ficamente sim.

Plutom planeta JÁ!

Xa está arranxado o dos nomes!

Estaba nunha opzón oculta nun lugar abtruso e sórdido e, por qué non dicilo, pagano e impío, ó que nunca antes chegara Gato algún.

Pois qué lle quere, Fer... A ciencia tamén precisa de romanticismo. Os científicos tamén teñen coraçonsiño, sabe vosté?

E, ademais, tampouco se pode dicir que os "criterios científicos" sexan tan sólidos. Despois de todo, o dos planetas é unha clasificación, e as clasificacións son sempre convenios. Igoal que se escolleron os tres criterios de masa, etc., tamén se podían ter escolleido outros, como "que xire ó redor do sol de xeito semellante a como a Terra o fai", ou así. Vamos, que é algo un chisco arbitrario.

Avante

(Son IaRRoVaWo)

Avante coa plataforma! e sobre todo avante con "Deseños da Arroutada". Fas uns deseños moi bos, de feito, o meu actual fondo de pantalla o fixeches ti...

Moitas grazas!

Alédome de che ver por eiquí, e de saber que alguén alomenos disfruta do material que vou ceibando. :o)

Deseños da Arroutada... Non é por falta de ganas miñas, senón por falta de xente ca que acabar de formar un grupo mais ou menos estable. Enfin, a ver se lle dou un pulo neste nadal.

hola, perdonar que escriba

hola, perdonar que escriba en castellano, soy gallego pero llebo muchos años viviendo en madrid por lo que no se escribirlo muy bien, pero si se leerlo y hablarlo.
queria preguntaros si me podeis decir donde comprar una de las camisetas que aparecen en la imagen.
muchas gracias por vuestra atencion

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala