O neno libre da culpa que xenera a propiedade, e da carga que é a competitividade económica, crecerá ca vontade de facer o traballo necesario, e de disfrutar con elo. É o traballo inútil o que escurece o corazón.

O Quantum Music Festival é a festa, acto gregario e parranda non-oficial dos alumnos da Faculdade de Física da USC. Lévase organizando dende fai once anos (este é o decimosegundo) con once entregas (houbo un ano que non se fixo), progresivamente maiores e mais ambizosas. Para o décimo aniversario, que sucedeu o ano pasado, montouse carpa, escenario, equipo de son de exteriores e reuníronse unhas duasmil persoas, o que non estivo nada mal, sobre todo tendo en conta que chovía.
O cartaz tocoulle deseñalo a un servidor. Penso que funciona ben polas contrastes de cor. O símbolo do lume químico (azul ou non) ven sendo recorrente nos últimos anos, así que era elemento obrigado (aparte de que queda ben).
Adxunto a fonte SVG e o PDF, por se algún depravado quere imprimilo.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| cartaz.svgz | 609.77 KB |
| qmfx-cartaz.pdf | 275.82 KB |
Ola Javi,
Os contidos deste sito web, salvo onde se indique o contrario, pódense empregar baixo dos termos indicados na sección de Copyleft. Bótalles un ollo e dime se che valen --- supoño que será o caso.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
permiso...
Buenas, seguramente nos conozcamos de vernos por la facultad, colaboro con este metroblog santiagués y he hecho un post hablando sobre el QMF. He cogido prestada la imagen del cartel del año pasado, si hay algún inconveniente o quieres comentarme algo no tienes más que comunicarmelo!
Un saludo!
Pd: Puedes acceder al post en desde aquí