Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Manual para os delegados sindicais de CC.OO.

Pantallazo

Frase lapidaria

Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.

— Confucio

Por qué OSX non é tan guai coma se cree

| |

Esta tarde estiven, pra eterna condenación da miña alma de linuxeiro, instalando un OSX "Tiger" nun ordenador de Sora.

O gracioso do asunto é que o ordenador en cuestión non foi fabricado por Apple (compañía que, por outra banda, é moito mais privativa e moito mais malvada que Microsoft, pero iso ha ser obxecto doutro artigo), senón que é un Asus vulgar como a vida mesma.

Entón? Entón o OSX que instalei nel é, evidentemente, unha copia debidamente parcheada pra que funcione en PCs. A verdade é que a instalación foi sen nengún problema (e non vou poñer datos aquí sobre cómo o facer; tedes millóns de páxinas coma estas), e non houbo que configurar moito dempois: idioma, configuración de teclado, e punto. Pero...

Unha vez fozado un anaco no ordenador decateime de que a tarxeta gráfica fai algunhas cousas feas. Vese que o rato interfire co refresco de pantalla, e algúns cachos da mesma quedan sen redebuxar. Nada moi grave (redebúxanse ben ó actualizalos), pero incómodo. Tampouco non funcionan nen a inarámica, nen o scroll do trackpad, que nos Mac é con dous dedos e nun PC normal sería na banda dereita. Normal, ata certo punto, porque sempre dempois de instalar un sistema operante nun PC hai que lle axustar algúns puntos.

O grave é que ó tentar fozar na configuración do sistema pra cambiar propiedades da tarxeta gráfica descubrín que tales opcións de configuración non existen. Como tampouco non exiten opcións pra habilitar o scroll co rato ou pra xestiona-la intarámica. En xeral, todo o que sexa detectar e/ou configurar novos dispositivos que non fosen detectados por defecto é inexistente.

E en todo isto revélase algo mais fondo. A maioría das opcións de configuración do OSX están orientadas ó nivel de usuario --- isto é, son opcións cosméticas de interface, accesibilidade, idioma e demais, pero case non existen opcións de configuración do sistema operante de seu. Cando se quere fozar nalgo como a configuración da tarxeta gráfica, ou as propiedades dos discos duros, ou optimizacións de batería, memoria e demais --- nada disto existe. O porqué é sinxelo: porque Apple non precisa deles.

Os ordenadores que vende apple co seu sistema operante incorporado son ordenadores feitos a medida pola compañía. Eles escollen qué hardware inclúen e cal non, e se ben é certo que tenden a incluír bo material, tamén estou seguro de que moitas veces as decisións de qué hardware incluír están influenciadas por motivos de software, de compatibilidade e de facilidade de traballar con elas.

Dito doutro xeito: cando se dí que os Mac son equipos moi estables e ben deseñados, que son moi responsivos e que aproveitan moi ben os recursos do sistema, optimizados e demais, non se está a dicir toda a verdade. Hai que contar tamén que Apple xoga en casa, con ordenadores deseñados ex-profeso para o seu software. Se tendo o control absoluto tanto do hardware coma do software non consigues que funcionen ben xuntos, é que és lerdo.

Sistemas operantes coma Windows ou GNU/Linux, pola contra, funcionan en moitos ordenadores diferentes, con configuracións de hardware distintas, cun rango moi amplo de prestancións e de casos particulares. Pezas de hardware fabricadas por diferentes compañías poden ter efectos impredecibles cando se xuntan. E no caso do GNU/Linux, a todo isto hai que sumar a portabilidade entre diferentes plataformas (intel, PowerPc, SPARC...). Estes sistemas operativos teñen, entón, diferentes graos de estabilidade e de eficiencia dependendo de en qué combinacións de hardware corran, pero se se contempla o feito de que a xente que os deseñou non tiña nen podía ter nen idea de cómo ía a ser o ordenador receptor, cabe dicir que non fixeron un mal traballo. Mesmo podería ser obxecto de admiración.

Realmente, para efectos do usuario final todo isto é irrelevante: o feito é que un ordenador cun OSX vai a lle ser mais cómodo de empregar que un ordenador con GNU/Linux ou con Windows, sinxelamente porque (aparte dunha interface moi ben deseñada e unhas excelentes guías de accesibilidade) hai menos opcións de configuración cas que lidiar, e menos casos particulares nos que as cousas poden ir mal. Dous usuarios aleatorios de OSX están, comparativamente con dous usuarios de PC calesqueira, a empregar prácticamente o mesmo ordenador. Isto redunda en consistencia no sistema e en estabilidade. Tamén deste xeito Apple pode implementar correccións e melloras do seu software con mais eficiencia e calidade.

Apple non ten nengún motivo tampouco pra soportar mais hardware que o seu propio: isto soio faría que lle fose mais complexo o soporte técnico, e que os seus ordenadores se vendesen menos. Microsoft, pola contra, non fabrica hardware (non directamente; ten intereses en varios fabricantes de hardware, iso sí), e ten unha historia de soporte en PCs e clónicos (de feito, foi así como se fixo famoso). A sua base de usuarios mercan ordenadores guiándose por un de dous patróns: "o mais barato posible" (tamén coñecido coma "o aforreta") e "o mais caro posible" (tamén coñecido coma "o idiota"), pero en calquera caso son equipos con características pouco menos que impredecibles. Para o seu grande alivio, os propios fabricantes de hardware se ven obrigados a facelo compatible con Windows (con graos de éxito que van dende "aceptable" a "nulo").

GNU/Linux, pola sua natureza, é portable e pretende cubrir todos e cada un dos casos particulares. A liberdade da licenza que emprega no seu software sírvelle precisamente pra iso: pra que un sistema operante feito de retazos por xente no seu tempo libre funcione en prácticamente calquera aparato que non sexa último modelo. Tanto mais admirable é isto cando se ten en conta que os fabricantes de hardware, a diferencia de con Windows, non colaboran con especificacións de cómo funcionan as suas pezas. O prezo a pagar, por suposto, é ese lapso de espera ata que as equipas de retroenxeñaría fan o seu traballo e son quen de integrar o novo hardware no sistema. Talvez a medida que aumente a base de usuarios os fabricantes se amosarán mais propicios.

Entón, cál é a conclusión deste artigo? Nengunha, en realidade. Sinxelamente quería expoñe-lo feito (ó que talvez esté un pouco sobresensibilizado, por vivir con dous maqueiros impenitentes) de que o sistema operante de Apple non deben de ser demasiado gabado polas suas virtudes en canto a compatibilididade, estabilidade e hardware recoñecido máxicamente: sacado da burbulla de cristal que lle crearon os seus deseñadores, mal se defende, e toda a automaxia que o fai funcionar desaparece. É certo que Apple ten grandes aportacións no eido da accesibilidade, usabilidade, estética e deseño de interfaces, pero no tocante a soporte de hardware e estabilidade neta, o premio ó esforzo vai para os rapaces do GNU.

De feito, cousa graciosa, mentras remataba de escribir este artigo o PC no que instalamos OSX colgouse. Serán os fados que conspiran pra me dar razón? :o)

P.D.: A imaxe que encabeza o artigo é un arranxo rápido que fixen porque non sabía qué poñer. Como me din que gustou, adxúntoa aquí, en grande, para quen a queira empregar de fondo de escritorio, ou algo. Dempois de todo, isto é unha web de deseño gráfico. :o)

AdxuntoTamaño
apple-fondo.png82.09 KB

Son maqueira con orgullo!

A verdade que razón non te falta. Pero o que me gusta precisamente dos Mac é a gran eficacia hardware-software que ten. Que o Mac OS non esta deseñado para ser instalado en outro hardware que non sexa o deles? certo, pero e que para iso foron deseñados, e niso se basa a sua eficacia.
O Linux ten moitas vantaxes, pero deberás recoñecer que ten tamén moitos inconvintes, non só de cara a xente con coñecementos de informática, si non de cara a un usuario medio.

Hombre, la verdad, es que

Hombre, la verdad, es que estando de acuerdo con casi todo lo que escribes, la verdad no creo que OSX sea menos guay por todo ello. Lo que es cierto es que aunque puede haber gente equivocada que pasaba por alto todos esos detalles, no creo que sorprendan a casi nadie. Precisamente uso OSX por que se que esta pensado especificamente para mi ordenador, y no tengo ganas de buscar los drivers especificos de mi placa base, cada vez que reinstale o similar, pero quiza por que me aburri de esa parte tras tantos años con PC´s.
La unica parte en que no estoy de acuerdo es que Apple sea más privativa y malvada que Microsoft. Es otra forma de ser privativa, pero creo que no se pueden comparar precisamente por lo que comentas del hardware propio. Y en cuanto a malvada, buff, no creo ser un fanatico de Apple, que me parece una empresa que pese a tener un gran producto vive más de la imagen que de otra cosa, pero aun asi, para mi el Gran Imperio del Mal (pronunciese todo con mayusculas, XD) sigue siendo Microsoft.

E que tal vai OSX nun

E que tal vai OSX nun orddenador non-apple?

O título do post penso que vai mal escollido...

Debería de ser:

"¿Por qué OSX é tan guai ?" E ter coma resposta: ¡Porque non te tes que rompe-la cabeza!

Agora en serio, a túa relfexión, olvida unha parte importante do ámbito Mac, que normalmente, os que nos pasamos a Mac, sabemos perfectamente que nos ofrece.

Eu, dos meus moitos anos no mundo dos PC's como usuario exclusivamente de sistemas operativos basados en Linux, descubrín que ó final, o importante é que a xestión do hardware sexa transparente e eficiente. Cansei de ter que escolle-los compoñentes de hardware con lupa ou ter que desaproveitar opcións porque o hardware non estaba perfectamente soportado. Debecía por un equipo listo para funcionar á perfección para así poderme limitar ó uso das aplicacións que necesito para traballar... ¿qué é iso? Un mac. Agora, co MacBook, teño 6 horas de duración da batería, un scrollpad usable, un teclado pequeno, que me permite manexar todo, unha interface consistente, atallos de teclado consistentes, unha instalación sinxela de aplicación - e actualización en moitos casos gracias a sparkle - ...

E non só iso, senon que podo disfrutar dun panorama "independiente" de desenrolo de aplicacións que aproveita a potencia do osx e convive cunha cultura de facer donacións ou estar dispoto a pagar por software con prezos asequibles como TextMate ou SuperDuper! que mentras no ámbito Linux se recolla ós winlosers e o seu aquel de "yo no pago por nada" co de "Aquí é todo gratis" non serán posibles -esto último é o que me deu o pulo final a pasarme a Mac, por certo-

Non me doería nada voltar ó ámbito PC con algo como os equipos de System76, que espero sexan nun futuro o EEEpc, os HP's, os Dell's... Nese momento Linux estará á altura de Apple en canto o básico, en canto o que me fixo pasarme a Mac... pero ¿qué pasa co ámbito das aplicacións? A verdade, sigo usando Linux e estarei atento a como van evolucionando as ferramentas que necesito; pero mentras se sigan facendo aplicacións segundo intereses empresariales que non miran cara o usuario doméstico ou non aparezca unha "scene" de programadores que aproveiten a LGPL ... non lle vexo futuro ó meu retorno :)

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala