O Software Libre pode ser de mais ou menos calidade que o propietario, mais ou menos seguro, mais ou menos amigable -- pero todo iso é irrelevante para nos: o Software Libre é inherentemente superior ó propietario porque, precisamente, é libre.

A finais do 2006 unha editora de Valencia contactoume pra que lles fixese o deseño do manual dos delegados sindicais de CC.OO. pra todo o estado español. Eles encarregaríanse da maquetación, e eu facía a liña estética e o libro de estilo.
O manuai ía ser un libriño do tamaño dunha caixa de cedé, e iría acoimpañado dun cederrón (lóxico, non?) con datos surtidos sobre o sindicato. Na imaxe podedes ve-la carauta do libriño, e as imaxes que abrirían as catro seccións do manual, así como un par de páxinas de mostra e a "bolacha" do cederrón.
O resultado foi o que vedes enriba, do que tanto eu coma eles quedamos moi, moi satisfeitos. O caso é que, polo visto, pra Comisións Obreiras resultou ser "un poco rojo de más" (sic).
Enfín. Así vai a Revolución.
Pero o resultado é bo. Moi bo, mesmo. É un dos deseños dos que estou mais contento, pensen o que pensen dende CC.OO.
A diferencia da maioría dos deseños que teño no web, deste vou a me reserva-los dereitos. É moi probable que algún día remate por usalo nalgures, e gustaríame que lucise por sí soíño. De tódolos xeitos, se alguén está moi interesado en lle dar algún uso, podedes falar comigo, e vemos se é posible.
Non! O certo é que efectivamente comparte elementos. Teño tendencia a reutilizar os elementos que me gustan en mais dun deseño, e evidentemente algo industrial acaíalle ben a un sindicato... ou iso foi o que eu pensei. Vese que eles prefiren oficinas e pactos cos patróns. (Agora sí que parezo un sindicalista da CNT! :oD)
Home, qué queres que che diga, en canto O vin dixen: "ondia, e isto é pra CC.OO., ¿non será demasiado rojo?" ¡hai que saber pra quen se traballa, meu, que o vermello-negro con proletas e fábricas é cousa da CNT! ,)
-dicho un qeu se pon Sputnik de alcume-.
O deseño moladios.
Gracias, Dani. Tí que me queres ben. :o)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A parte superior
A parte superior, que semelha umha obra... lembra-me a outro desenho teu, a página da radio-livre :D Trabuco-me?