Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.
403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.
Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:
O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.
Mais información: 403day.org.
Ou, o que ven sendo o mesmo, camisola de Plutón Planeta Xa!.
Actualizo!: e mais tamén chapas (ou crachas, que aínda estou por decidir cál me gusta mais), porque xa sabemos ónde facer estas últimas.
Duas persoas dixéronme que estaban interesadas nas camisolas mentadas, e que lles gustaría unha (concretamente, a eles gústalles o modelo co 9 dentro de Plutón, sobreposto con Caronte). A min tamén me molaría ter unha, e mais sei de outra xente á que lle podería interesar. Polo tanto:
Se vives preto de Compostela ou en Compostela mesmo, e che apetece unha camisola da Plataforma Popular Polo Planeta Plutón, deixa unha mensaxe neste post (e asegúrate de cubrir ben o teu campo de correo, que é non público). Reunindo xente dabondo podemos facer unha tirada de camisolas razoablemente baratiñas (eu estímolle uns 15 euros, feitas en vinilo, que luce mellor e aguanta mais que a impresión normal).
O arquivo que vos adxunto é un breve titorial introdutorio ó programa de deseño gráfico Inkscape, Software Ceibe, que eu uso decote para os meus deseños.

Fixeno inicialmente para as xornadas Liberate06 que organizou AULUSC na USC, pero como xa lle andaba dende fai tempo dando voltas á idea de facer material de documentación sobre o Inkscape, pois decidín facelo ben e ilo liberando a medida que o amplíe.
O que tedes aquí mesmo é unha versión moi preliminar que soio cubre temas básicos, anque penso que os mais importantes. Ireina mellorando co tempo, e irei nomeando as versións ca data de modificación. Pero polo de agora agradecería que o descarregasedes e lle botasedes un ollo.
Veño de falar con Leandro, quen me enviou o .mo da traducción que fixo él do Inkscape (xa que Leandro é o encargado de facer a tradución do Inkscape ó galego no Proxecto Trasno).
Aínda tiven apenas tempo de lle botar un ollo veloz, porque a tarde de hoxe era de programación (Python, por suposto) pero tenvos moi boa pinta. Como temos que agardar ata a próxima versión do Inkscape pra que nola incorporen nos pactotes oficiais, eu o que vos propoño é que fagades o seguinte...
Dempois dun ano e un mes, aínda en beta, aínda en probas, aínda con boa parte do contido do Gatonegro2.0 sen migrar, GND3.0 faise pública!
Montada sobre Drupal, con XHTML 1.0 estricto e CSS 2.0 válidos, cun sistema de galerías expandido e mellorado, blogue, sistema de usuarios e expansión modular, e moitas melloras internas pra facilitar a un servidor a actualización e xestión de contidos, de xeito que non volva a suceder o que sucedeu no último ano: que non actualice a páxina co que fago.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|