Remember, remember,
September the eleventh,
the Chilean
treason and coup.
I see no reason
why murder and treason
Should ever be forgot.
403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.
Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:
O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.
Mais información: 403day.org.
Veño de mercar un teléfono móbil --- por certo, o meu teléfono móbil, porque cansei de agardar a que algo baseado en OpenMoko (coma o Neo1970) ou en Google Android se fixese público dunha vez. Así que collín un teléfono de gama o mais baixa posible, pero estou bastante contento co resultado --- é un Toshiba TS705 que cumple sobradamente as expectativas que del tiña.
E se ben a funcionalidade principal que necesito do teléfono é facer e recibir chamadas (requerimento profesional) outra desas expectativas é navegar por internés. Collín o móbil con Yoigo, entre outras cousas porque cobran 1.2 euros/día de tarifa plana de internet, o que é mais barato que, digamos, o módem USB de Vodafone (e iso supoñendo que empregues a internés tódolos días).
Esta tarde estiven, pra eterna condenación da miña alma de linuxeiro, instalando un OSX "Tiger" nun ordenador de Sora.
O gracioso do asunto é que o ordenador en cuestión non foi fabricado por Apple (compañía que, por outra banda, é moito mais privativa e moito mais malvada que Microsoft, pero iso ha ser obxecto doutro artigo), senón que é un Asus vulgar como a vida mesma.
Hai quen dí que os nomes fan ás persoas. Se cadra é verdade, anque confeso que eu sempre fun moito mais da opinión de que os nomes con frecuencia se escollen pra que reflexen intencionalidade --- no caso das persoas, cómo van ser educadas, e no caso de proxectos e cousas, cál é a intención.
Sputnik significa "compañeiro de viaxe" en ruso. O simbolismo é evidente --- e aproveito aquí pra chamar a atención do leitor sobor dos nomes da cosmonáutica soviética comparada ca occidental: Mir significa á vez "Mundo", "Paz" e "Comunidade"; Soyuz significa "unión"; Vosjod é "Mencer"; Salyut, saúdo... ---, e precisamente polo significado do mesmo (aparte do fetichismo persoal dun servidor) é que eu escollín darlle ese nome ó meu portátil.
Veño de ler un moi interesante artigo de Ramón Flores sobre por qué non existe un diccionario aspell/myspell/ispell do galego. En esencia, o problema redúcese a:
Resulta que no galego, entre combinacións das conxugacións verbais mais os pronomes enclíticos, cada verbo ten entre 1000 e 1500 posibles formas. Iso, multiplicado por unha lista razoable de (propón Ramón Flores) 7000 verbos da un número total de formas verbais na orde dos dez millóns. Inabranguible.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|