Os que din "non pode facerse" deben saír do camiño dos que están a o facer posible.
403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.
Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:
O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.
Mais información: 403day.org.
Veño de mercar un teléfono móbil --- por certo, o meu teléfono móbil, porque cansei de agardar a que algo baseado en OpenMoko (coma o Neo1970) ou en Google Android se fixese público dunha vez. Así que collín un teléfono de gama o mais baixa posible, pero estou bastante contento co resultado --- é un Toshiba TS705 que cumple sobradamente as expectativas que del tiña.
E se ben a funcionalidade principal que necesito do teléfono é facer e recibir chamadas (requerimento profesional) outra desas expectativas é navegar por internés. Collín o móbil con Yoigo, entre outras cousas porque cobran 1.2 euros/día de tarifa plana de internet, o que é mais barato que, digamos, o módem USB de Vodafone (e iso supoñendo que empregues a internés tódolos días).
Sei ben que o título é arrogante, pero é que leo en Chuza! preocupantes comentarios por parte de Umberto Eco. Nomeadamente:
a perda nos coñecementos históricos, unha enfermidade típica nos Estados Unidos, estase espallando por desgraza cada vez máis tamén entre os mozos europeos
(...)
un exceso de informacións pode ser tan perigoso como unha carencia
O que dí Eco é verdade... a medias. Que é certo que canta mais información temos mais complexo é discrimina-lo grau da palla, vale. Pero tentar arranxalo reducindo a cantidade de información é un crime. Quén vai decidir qué é importante e qué non? O señor Umberto?
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|