O neno libre da culpa que xenera a propiedade, e da carga que é a competitividade económica, crecerá ca vontade de facer o traballo necesario, e de disfrutar con elo. É o traballo inútil o que escurece o corazón.
Escribo, principalmente, porque fai xa ben tempo que non dou sinais de vida na páxina web, e pensei aquilo de "unha vez ó ano non fai dano".
Non é por falla de contidos que actualizar --- de feito a masa de cousas que teño pendentes de subir pode ser un dos motivos polos que me de tanta preguiza subilos. Non, mais ben é porque dun tempo para aquí estou moi liado co choio (o que supoño que é boa sinal).
E isto liga ca inactividade da páxina de dous xeitos: non actualizo porque non teño tempo, pero tamén porque dunha tempada para aquí veño dándolle voltas a refacer esta paxina web. O meu traballo esixe, entre outras cousas, un cartafol de presentación (un "portfolio", ou un "dossier", ou como queirades) algo mais ordenado e mellor escollido que a galería de imaxes que fun subindo equí, e tamén unha presentación da páxina mais sinxela. Ademais, penso que vai sendo hora de comezar a separar o ámbito do persoal do profesional.
Pois iso, que estou de celebración! Semella que aparte de horribles cancións, os italianos tamén teñen boas ideas de cando en vez.
Agora gustaríame que aquí se copiase a iniciativa. Eu ofrézome a dar discursos e soltar soflamas, que sabedes que me gusta.
Acéptanse mimos e agasallos, no entanto. A ver se cae algo! ;o)
Hai quen dí que os nomes fan ás persoas. Se cadra é verdade, anque confeso que eu sempre fun moito mais da opinión de que os nomes con frecuencia se escollen pra que reflexen intencionalidade --- no caso das persoas, cómo van ser educadas, e no caso de proxectos e cousas, cál é a intención.
Sputnik significa "compañeiro de viaxe" en ruso. O simbolismo é evidente --- e aproveito aquí pra chamar a atención do leitor sobor dos nomes da cosmonáutica soviética comparada ca occidental: Mir significa á vez "Mundo", "Paz" e "Comunidade"; Soyuz significa "unión"; Vosjod é "Mencer"; Salyut, saúdo... ---, e precisamente polo significado do mesmo (aparte do fetichismo persoal dun servidor) é que eu escollín darlle ese nome ó meu portátil.
Veño de recibir na casa o Inkscape Starter Kit, un libro publicado por Pearson Education France (ISBN: 978-2-7440-2158-9), escrito por Elisa de Castro Guerra, no que aparecen un par de ilustracións miñas.

Elisa (a quen non coñecía de nada por aquel entón) escribiume fai xa bastantes meses pedíndome permiso pra empregar algunhas das miñas imaxes, que atopara neste web e lle gustaran, nun libro sobre inkscape que estaba a escreber. Por suposto, díxenlle que sí (namentres se cumplise a licenza, etc). E esquencín o tema.
Non, non vou falar de política, que vos vexo vir. Podería, pero non.
O caso é que os tempos non son chegados porque non me chegan pra nada. Últimamente ando a 0.95 c, e non dou abasto (que penso que se escrebe todo xunto, pero vai tí a saber) entre rematar traballos, prepara-los exames, politiqueos da universidade, prepara-los contidos do curso de deseño gráfico que vou dar, e demais.
Así que isto é en realidade unha desculpa por que o blogue/páxina web/chintófano este esté sen atualizar. Dende fai tanto tempo.
Mais ou menos.
Prometo novas en canto teña un anaco.
Como notaredes, veño de facer uns cantos cambios estéticos á páxina. Penso que queda mellor agora, co fondo vermello (que amablemente tomei prestado dalgures, e modifiquei un anaco co GIMP) e que é mais doada de usar. Candomenos, as ligazóns vense muito millor.
Tamén arranxei un par de problemas que a páxina tiña de estruturación, e mais caralladiñas pra que se vese ben no Internet Explorer, así que lle saco a etiqueta de 'beta' que tiña por aí posta. Pra que vexades -- xa vou por diante do Web2.0!
Evidentemente, queda muito por arranxar (validación de estándares, eliminar CSS supérfluo, mellorar a accesibilidade), e como sabedes hei andar a fedellar na páxina decote.
Dempois dun ano e un mes, aínda en beta, aínda en probas, aínda con boa parte do contido do Gatonegro2.0 sen migrar, GND3.0 faise pública!
Montada sobre Drupal, con XHTML 1.0 estricto e CSS 2.0 válidos, cun sistema de galerías expandido e mellorado, blogue, sistema de usuarios e expansión modular, e moitas melloras internas pra facilitar a un servidor a actualización e xestión de contidos, de xeito que non volva a suceder o que sucedeu no último ano: que non actualice a páxina co que fago.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|