It can only be attributable to human error.

Redeseño da estética da Asemblea da Faculdade de Física, e dos Vogais da mesma asemblea. O ideario da Asemblea, podédelo ver seguindo a ligazón que precede, que está todo aí explicado. En esencia, é unha organización de base do estudantado de física que agrupa a tódalas partes, sexan membros doutros partidos/sindicatos ou non. Ten peso político na faculdade a traveso dos Vogais, que son representantes de alumnos que renuncian a exerce-lo seu cargo particular, facendo en troques de voceiros da Asemblea.
O redeseño estético deste ano foi a fondo, e fixemos pegatinas, cartaces, pasquíns, membretes e de todo.
Gran parte de prudencia es en los hombres
saber bien el lenguaje en que nacieron
y eso ha de tener el hombre sabio
como principalísimo ornamento.
(...)
Y espanta ver que algunos españoles
ignorantes, osados y muy necios
a quien procura depurar su idioma
le dirijan injurias e improperios.
De aquesto culpo yo a los nacionales
que tienen tal estudio en vituperio,
siendo así que ponderan la elocuencia
y las galas del habla en otros pueblos.

A bebida dos campións!
A orixe disto é un chisco escura -- sexa dabondo con dicir que se no Brasil teñen packs de Caipirinha (e isto é verídico, que logo dicides que minto) onde ven o augardente (cachaça), o extracto de lima, e o dosificador, nos ben podiamos exportar o pack Queimada Instantánea (TM), con todo listo pra lle prender lume á casa.
Ou non?
Veño de falar con Leandro, quen me enviou o .mo da traducción que fixo él do Inkscape (xa que Leandro é o encargado de facer a tradución do Inkscape ó galego no Proxecto Trasno).
Aínda tiven apenas tempo de lle botar un ollo veloz, porque a tarde de hoxe era de programación (Python, por suposto) pero tenvos moi boa pinta. Como temos que agardar ata a próxima versión do Inkscape pra que nola incorporen nos pactotes oficiais, eu o que vos propoño é que fagades o seguinte...
Veño de ler un moi interesante artigo de Ramón Flores sobre por qué non existe un diccionario aspell/myspell/ispell do galego. En esencia, o problema redúcese a:
Resulta que no galego, entre combinacións das conxugacións verbais mais os pronomes enclíticos, cada verbo ten entre 1000 e 1500 posibles formas. Iso, multiplicado por unha lista razoable de (propón Ramón Flores) 7000 verbos da un número total de formas verbais na orde dos dez millóns. Inabranguible.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|