O Software Libre pode ser de mais ou menos calidade que o propietario, mais ou menos seguro, mais ou menos amigable -- pero todo iso é irrelevante para nos: o Software Libre é inherentemente superior ó propietario porque, precisamente, é libre.
403dayAlgo tarde (cousa dun par de horas) engado o meu blogue ó 403 Day, o día sen Internet Explorer. Dende este martes ata o da semana que ven, non se poderán ver estas páxinas con ese navegador.
Os motivos desta protesta son de sobra coñecidos para os que fixeron algunha vez unha páxina web, e doados de coñecer para os que non. Brevemente, para estes últimos:
O uso de estándares acordados para todos fai que a Web manteña o seu propósito inicial, que non é outro que o de transmitir información independentemente do programa ou sistema operante empregados. Se empregamos navegadores que conformen cos estándares, axudamos a facer da Web un sitio mellor no que vivir e traballar.
Mais información: 403day.org.
Pois iso, que estou de celebración! Semella que aparte de horribles cancións, os italianos tamén teñen boas ideas de cando en vez.
Agora gustaríame que aquí se copiase a iniciativa. Eu ofrézome a dar discursos e soltar soflamas, que sabedes que me gusta.
Acéptanse mimos e agasallos, no entanto. A ver se cae algo! ;o)

Uniforme para a Тарсис Kосмический Kорабль "Красный Октябрь" ("Outubro Roxo", Cosmonave do Pacto de Tarsis). Pronto poderedes ver fotografías das camisolas en acción durante as xornadas Tierra de Nadie 2007.
Na espalda leva o emblema da Forza Espacial da Organización do Pacto de Tarsis (OTD, polo nome en ruso: Organizashnii Tarsiskogo Dogobora), un mapa estelar representando os planetas membros do Pacto superimposto ca fouce, o martelo e a estrela. Sobre as ás pódese ler o nome da nave. O frontal leva unha bandeira roxa superimposta co perfil da nave. Enriba disto, novamente o nome da nave, e embaixo, o nome e cargo do tripulante. Sobre o brazo dereito, a bandeira roxa novamente co emblema da OTD e o nome da nave.
Ou, o que ven sendo o mesmo, camisola de Plutón Planeta Xa!.
Actualizo!: e mais tamén chapas (ou crachas, que aínda estou por decidir cál me gusta mais), porque xa sabemos ónde facer estas últimas.
Duas persoas dixéronme que estaban interesadas nas camisolas mentadas, e que lles gustaría unha (concretamente, a eles gústalles o modelo co 9 dentro de Plutón, sobreposto con Caronte). A min tamén me molaría ter unha, e mais sei de outra xente á que lle podería interesar. Polo tanto:
Se vives preto de Compostela ou en Compostela mesmo, e che apetece unha camisola da Plataforma Popular Polo Planeta Plutón, deixa unha mensaxe neste post (e asegúrate de cubrir ben o teu campo de correo, que é non público). Reunindo xente dabondo podemos facer unha tirada de camisolas razoablemente baratiñas (eu estímolle uns 15 euros, feitas en vinilo, que luce mellor e aguanta mais que a impresión normal).

Paréceme fatal, pero fatal, o que se dí FATAL que uns cantos pseudocientíficos revisionistas queiran sacarlle a Plutón o estátus de planeta.
Que digo, planeta: planetas! Sabía vostede, leitor imprudente, que o que decote chamamos Plutón, así con aleghría, é en realidade o único planeta binario do sistema solar, xa que a masa de Plutón propiamente dito e a da sua "lúa", Caronte, son tan próximas que se deforman un ó outro, e rotan en torno a un centro invisible de gravidade sito entre os dous.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|