O seguro é pouco atrativo. No risco hai espranza.

«Propagaliza, unha tipografía para a propaganda galega.»
[ Incorpora maiúsculas e minúsculas, acentos (agudos) para as minúsculas, números e símbolos tipográficos, eñe e cedilla. Futuras versións (talvez) incorporarán acentos graves, nasais, acentos para as maiúsculas, e talvez algo mais. ]
"Propaganda", segundo o diccionario da RAG:
propaganda s.f. 1. Actividade organizada para difundi-las calidades, propiedades ou o valor de alguén, dunhas ideas ou dun producto comercial. Faille moita propaganda ó seu partido. 2. Material ou medio (anuncios, carteis, etc.) utilizado para ese fin. No descanso da película, botaron propaganda. Durante as eleccións, repartiron propaganda polas casas. u SIN. publicidade.CF. reclamo.
É un termo cunha calidade política, ideolóxica, definida. Hai un borde onde se difumina e se mistura ca publicidade, e a xente tende a confundilos. Pero eu --- porque sempre fun amante das causas perdidas --- gosto de reivindica-lo dereito ó seu bo uso, e ó matiz.
publicidade s.f. 1. Feito ou circunstancia de ser ou facer público algo. Non interesa darlle moita publicidade á noticia. CF. difusión. A publicidade do asunto fai que todo o mundo poida opinar libremente sobre el. 2. Arte ou acción de influír na psicoloxía da xente con fins comerciais, e actividade, medios e técnicas que se empregan con este propósito. Aparece na televisión facendo publicidade dun deterxente. SIN. propaganda.Hoxe en día a publicidade ten moitos medios ó seu alcance. Estudios de publicidade. Axencia de publicidade. 3. Material ou medios (folletos, anuncios, etc.) utilizados para ese fin. A publicidade na radio e na televisión. Publicidade política. SIN. propaganda.CF. reclamo.
Obsérvese a diferencia de intención entre as dúas definicións. Están listadas como sinónimos, pero ninguén lle chama "publicidade" ós cartaces da Guerra Civil ou da Revolución Soviética. A propaganda ten como fin a presentación pública dunhas ideas --- boas ou malas, pero ideas, como oposto á promoción dun produto comercial.
Para os que somos idealistas irredentos, a propaganda ten, se queredes, unha certa voz de mito.
Esta fonte é un primeiro experimento, en moitos sentidos. É experimento porque é a primeira fonte que tento facer nunca. É experimento tamén porque é un intento (en apariencia exitoso) de usar o Inkscape e o FontForge, ámbolos dous Software Ceibe, pra crear unha tipografía.
E é experimento tamén no senso estilístico, porque tentei acadar unha tipografía que fose marcadamente galega, pero que tivese ó mesmo tempo un aire constructivista, de cartelería do primeiro tercio do século XX, de grande movemento de masas.
Non estou moi seguro de telo acadado, pero penso que pra ser un primeiro intento non está mal tampouco.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Propagaliza.ttf | 211.16 KB |
Moitas grazas!
Alédome entón de que mais ou menos acade o pretendido. Agora, a usala! ;o)
Moi bonita, pero 211kb?
Pois sí, algo grande sí que é. Pode ser que non fixese algo ben durante a creación da fonte, e que metese cousas que sobran... Teño que o mirar.
De tódolos xeitos, estiven a mirar pola lista de fontes que teño instaladas no ordenador e hainas de ata 700K. Supoño que dependerá do número de nodos que existen nos glifos (de seguro que se poden reducir, na miña), e tamén do número de caracteres que implementas. Pensa que eu parto da DejaVu Sans Mono (se non lembro mal) que é unha fonte Unicode que contén tódolos glifos habidos e por haber. Isto quere dicir que se tes un texto escrito en checo e empregas a Propagaliza, os caracteres estraños como mínimo han de se ver --- que queden bonitos xa é outra cuestión.
primeiro de todo , parabens pola fonte, e umha necesidade imperiosa fortalecer o corpus típografico gallaécico, hoje e um dia feliz para os tipos autoctonos, um novo irmancinho na familia.
mais por outra banda a familia da propaganda anda un pouco decepcionada...umha fonte de propaganda deve poder leerse dende un omnibus en movemento
e propagaliza ten caracteres que tardas segundos en descifrar...
mais para outras criticas falamos polo mail se queres
Sí, sí -- estou dacordo na crítica.
Por unha banda, é intencionada, porque quería redeseñar algúns caracteres. En xeral, tentei que todos tivesen unha versión lexible (véxase o caso da S/s), anque algúns (coma a T) poden ser complexos de recoñecer.
Tamén a fonte ten outros problemas: é de ancho fixo (o que funciona ben para cartelismo, cando se queren facer bloques de texto regulares, pero dificulta a leitura) e ademais é demasiado cadrada. Lense mellor as fontes que teñen a vertical maior que a horizontal.
Pero, como xa comentei no comentario (valla a redundancia) da fonte, é un experimento. Haberá próximas versións.
Talvez.
Depende do vento.
P.D.: Graciñas polo comentario, eh! Seríame de moita axuda outros comentarios calesquer. Tes o meu enderezo de correo? Senón, anda pola páxina de perfil.
Aquí estou!
A ver, como fonte sen máis non está mal. Pero como deseño para unha fonte que debe ser usada para a publicidade concordo co dito aló enriba: é demasiado complicado de ver.
Sabe Reus que facer fontes fácil non é. Coñecéndote, non sei se é que ás veces tes esa ofuscación "protosoviética-romántica" que che fai tropezar nestas cousas ou qué, pero penso sinceramente que debías facelo un algo máis sinxelo...
Unha aperta, meu.
Grazas ao gatonegro. Instalada a fonte e $HOME/.fonts. Font rules!
Non sabía aprocedencia da fonte. sempre se aprende algo. Norabóa polo diseño da tua web "mola".
Un saudo
E alédome de que che guste a web. Como comento noutra entrada, posiblemente cambie o deseño en breve --- sobre todo porque quero cambia-la estrutura que ten agora mesmo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bonita
Pois é unha tipografía bonita e coido que acadaches o que buscabas ten un toque a esa tipografia propia galega e tamén me recorda aos cartaces da URSS.
Agardo ver cartaces con esa tipografia poal rúa :P.