Non penso que isto vaia mellorar. Pero como non loitemos, farase peor.
O arquivo que vos adxunto é un breve titorial introdutorio ó programa de deseño gráfico Inkscape, Software Ceibe, que eu uso decote para os meus deseños.

Fixeno inicialmente para as xornadas Liberate06 que organizou AULUSC na USC, pero como xa lle andaba dende fai tempo dando voltas á idea de facer material de documentación sobre o Inkscape, pois decidín facelo ben e ilo liberando a medida que o amplíe.
O que tedes aquí mesmo é unha versión moi preliminar que soio cubre temas básicos, anque penso que os mais importantes. Ireina mellorando co tempo, e irei nomeando as versións ca data de modificación. Pero polo de agora agradecería que o descarregasedes e lle botasedes un ollo.
A mecánica é sinxela pero inusual para un titorial, agardo: as 'transparencias' son en realidade arquivos SVG que o alumno pode ir editando e modificando a medida que o mestre explica. Semella que funcionou bastante ben nas xornadas, anque había pouca xente. Lede mais no arquivo README que vai no tar.bz2 pra saber do método de emprego.
O material do titorial está liberado baixo da licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgoal, salvo os logos, que son propiedade de quen correspondan.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Titorial-Inkscape-18112006.tar.bz2 | 4.77 MB |
Acabo de chetar a iso do soft libre ou GNU ou Open XXX (parece algo pornográfico pero xa sabedes que no o é). Pareceme caseque como o decubrimento de América.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Vou-lhe botar umha olhada ao teu titorial...
mas tem mui boa pinta. Parabéns!