It can only be attributable to human error.
If you wanna find out what's behind these cold eyes...
Ben, para os curiosos, velaiquí algo de información sobre min. Como escribir sobor dun mesmo sempre é unha experiencia estraña cando menos, ídesme perdoar que o faga en terceira persoa (coma Xullo César!):
Denís Fernández Cabrera, nado no vrau de 1982, cursa Física e Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas na Universidade de Santiago de Compostela. Compatibiliza (ou non) os estudos con traballos coma deseñador gráfico e de páxinas web. Emprega sempre que pode Software Ceibe, e fai proselitismo del ca lectura de cursos, obradoiros e conferenzas sobor deste tema.
Leva xa varios anos metido a fondo no mundo do Software Ceibe galego, como vicepresidente do Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza e como colaborador de varios outros grupos de usuarios. É membro da Mesa Galega a prol da Innovación e do Grupo de Traballo Bruxelas-Galiza para a Innovación, e ten tendencia a se enlear en aventuras de mais para o seu ben.
Gosta dos ordenadores vellos e dos libros que ulen a vello, das rapazas que semellan rapaces, dos gatos e do cartelismo da primeira metade do século vinte.
Como contrapunto do anterior, podedes ver o meu currículo (PDF, galego) se preferides unha versión mais formal (e completa) do meu perfil profesional. Tamén hai versións en castelán e en inglés.
Gosto de programar en Python porque acho que é unha lingoaxe sinxela, moi potente e moi versátil, pero tamén teño feito cousas en C, Java, BASH, BASIC, Modula-2, PHP, Visual Basic, Haskell, Prolog ou CLIPS, entre outros. Lingoaxes de marcado cas que enredo son (X)HTML, CSS ou LaTeX.
Algunhas das miñas andainas no tema do Software Ceibe:
Outros cachos da rede con informazón sobor de min son:
Se tedes (inexplicablemente) interese en contatar comigo, podedes facelo a traveso do formulario de contato, ou ben mandándome un correo a denis en ceibes.org. Tendo a lelo varias veces ó día.
Acostumaba a ter aquí listadas contas pra tódolos diferentes protocolos de Mensaxería Instantánea, pero é que nos últimos tempos estou a empregar soamente Google Ttalk, que implementa un protocolo ceibe e aberto (Jabber) e me da menos problemas que calquera das outras opcións. Se me queredes contactar por este meio, a miña conta é denis.gatonegro [arroba] gmail.com.
Xa que estamos a falar de comunicación, imos falar de comunicación segura (xa sabedes, non se pode un descoidar nestes tempos): podedes descarga-la miña chave pública GPG, e así saberedes que son quen digo ser, e poderedes mandarme cifrados eses planos de dominación mundial.
Algúns dos alcumes que emprego pola rede son Gato, Gatonegro, Anarres ou Argos. Se os vedes por aí adiante, deixade caer un saúdo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|