Apoio a Isaac Díaz Pardo .GAL - Dominio galego XA!

GND3.0

Imaxe ó chou

Lembranzas de Lugrís

Pantallazo

Frase lapidaria

Remember, remember,
September the eleventh,
the Chilean
treason and coup.
I see no reason
why murder and treason
Should ever be forgot.

Asemblea 2007

| | | |
Asemblea 2007

Redeseño da estética da Asemblea da Faculdade de Física, e dos Vogais da mesma asemblea. O ideario da Asemblea, podédelo ver seguindo a ligazón que precede, que está todo aí explicado. En esencia, é unha organización de base do estudantado de física que agrupa a tódalas partes, sexan membros doutros partidos/sindicatos ou non. Ten peso político na faculdade a traveso dos Vogais, que son representantes de alumnos que renuncian a exerce-lo seu cargo particular, facendo en troques de voceiros da Asemblea.

O redeseño estético deste ano foi a fondo, e fixemos pegatinas, cartaces, pasquíns, membretes e de todo. Foi parte dunha iniciativa por lle dar un novo pulo á vida política da faculdade, que anda sempre moi caída. Veremos se ten éxito.

AdxuntoTamaño
asemblea2007-autocolantes.pdf23.47 KB
asemblea2007-pasquin-anverso.pdf7.4 KB
asemblea2007-pasquin-reverso.pdf125.66 KB
asemblea2007.arranxadinho.svgz26.68 KB

Ahum!

A ver se agora vai...
Teremos a estética remoçada, mais seguimos com marcada ideologia de fondo nos desenhos ;)

Como non podía ser doutro xeito.

Non podía, nen debía, non é? :o)

O arquivo .gz dai um erro e

O arquivo .gz dai um erro e nom deixa descarrega-lo...

( a todo isto, que melindroso é o teu blog co endereço web!)

O erro do .gz era do Firefox.

Resulta que os SVG poden ser ben a pelo (.SVG) ou ben comprimidos (.SVG.GZ, ou .SVGZ). Por algún motivo estraño, o Firefox recoñece a extensión .SVG.GZ como un SVG comprimido, pero logo non o procesa ben.

Realmente, facendo clique co botón dereito e dándolle a 'Salvar ligazón' (ou o que poña no menú) debería de descargar sen problemas. Pero dende Gatonegro deseño estamos sempre a pensar nos probes usuarios desvalidos, así que recomprimin o arquivo en SVGZ, que é exactamente o mesmo con outra extensión, e sen embargo o Firefox sí que o recoñece ben.

Enviar novo comentario.

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
  • Etiquetas HTML permitidas: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd>
  • Saltos automáticos de liñas e de párrafos.
  • You may post code using <code>...</code> (generic) or <?php ... ?> (highlighted PHP) tags.
Máis información sobre opcións de formato
Captcha Image: you will need to recognize the text in it.
Escrebe as letras/números que se amoxan na imaxe de enriba. Deste xeito podo saber que és unha persoa de verdade, e non un robot de SPAM.
deseñado polo Gatonegro | vitaminado polo Drupal | Contidos liberados, salvo onde se indique o contrario, baixo da licenza Creative Commons Attribución-CompartirIgoal | Sindicar RSS
Creative Commons Atribución-CompartirIgoal Inkscape GIMP Firefox GNU Galiza
Drupal Debian Chuza! CiberIrmandade da Fala