O que somos | Quen somos | O que pretendemos | O que facemos | O que fixemos

O que somos

Xandobela, é unha empresa, de moi recente creación, que traballa no eido da xestión e dinamización sociocultural.

Xandobela está constituída por un grupo de seis persoas con ampla formación nos campos da Pedagoxía, da Educación Social, da Animación Sociocultural e da Intervención no Lecer e Tempo Libre. Seis persoas que contan, tamén, cunha vasta experiencia no traballo sociocultural en distintas asociacións, colectivos e programas desenvolvidos, principalmente, no territorio galego. Isto fai que Xandobela conte cun grande potencial humano, técnico e profesional para xestionar e desenvolver programas e proxectos de tipo social e/ou cultural.